27 de feb. de 2012

MARIA BALTEIRA

MARIA PEREZ, A NOSSA CRUZADA

María Pérez, a nossa cruzada,
quando veo da terra d´Ultramar,
assí veu de pardón carregada
que se non podía con el merger.
Mais furtanlho cada u vai maer
e do pardón ja non lhe ficou nada.
E o pardón é cousa mui preçada
e que se devía muit´a guardar,
mais ela non ha maeta ferrada
en que o guarde, nen a pod´haver,
ca, pois o cadead´en foi perder,
sempr´a maeta andou descadeada


Tal maeta como será guardada,
pois rapazes albergan no logar,
que non haja seer mui trastornada?
ca no logar u eles han poder
non ha pardón que s´i possa asconder,
assi saben trastornar a pousada.                  

E outra cousa vos quero dizer:                
tal pardón ben se devera perder,
ca muito foi cousa mal ganhada.

vocabulario
cada u vai maer= cada vez que vai durmir
maeta= maleta
merger= levantarse

PERO DA PONTE

3 comentarios:

  1. María Balteira foi unha muller galega que viviu na Idade Media.O seu nome real era María Pérez e foi a "soldadeira" máis famosa da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres que estaban adscritas á corte, e que tiñan como oficio cantar e bailar. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aquí vén o nome de soldadeira.

    Sabemos que María Balteira naceu en Betanzos e que frecuentou as cortes de Fernando II e maila de Afonso X.
    María Balteira é a protagonista de quince cantigas de escarnio escritas por dez trobadores distintos, entre eles Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da Ponte e mesmo de Afonso X O Sabio

    ResponderEliminar
  2. Estiven curioseando recentemente pola rede na procura de máis información sobre esta cantiga, e atopei unha traducción literal do texto:

    María Pérez, nosa cruzada,
    cando regresou de Ultramar,
    veu tan cargada de indulxencias
    que non podía flotar, pero lle roubaron
    en todos os sitios onde estivo
    e no lle quedou ningunha das indulxencias.

    E as indulgxncias son cosas moi apreciadas
    que deben gardarse moi ben;
    pero ela non ten cofre con cerradura
    para gardarlas, nin o pode ter,
    xa que, como o candado se perdeu,
    sempre ten o cofre aberto.

    ¿Cómo pode gardarse ese cofre,
    habiendo mozos no lugar,
    sen que o rexistren a todas horas?
    Pois no sitio no que eles teñen poder
    no hai indulxencia que se poda esconder,
    ¡así o rexistran todo!

    E outra cousa vos quero dicir:
    esas indulxencias debían perderse,
    puesto que foron moi mal gañadas.

    ResponderEliminar
  3. Eu busquei información sobre o autor da cantiga:
    Pero da Ponte foi un poeta medieval que habería estado en activo entre 1235 e 1260. De posibel orixe galego e escudeiro de profesión, Afonso Eanes do Coton o chamou segrel.
    Estivo activo durante os reinados de Fernando III e Alfonso X e é autor de 53 textos.

    Cristina González 1bc1

    ResponderEliminar