24 de feb. de 2012

Club de lectura: Madame Bovary

Trítpico recordatorio do club de lectura de febreiro. Cine e literatura: "Madame Bovary"

4 comentarios:

  1. Madame Bovary é unha novela escrita por Gustave Flaubert. Publicouse por entregas en La Revue de Paris desde o 1 de outubro de 1856 ata o 15 de decembro do mesmo ano. Foi publicada en forma de libro en 1857.
    Madame Bovary é, sen dúbida, a novela máis importante do realismo literario, movemento da segunda metade do século XIX. Tamén pertence ó romanticismo tardío. Nela vese unha crítica á sociedade burguesa do século XIX, posterior á Revolución Francesa e o goberno absolutista de Napoleón.

    ResponderEliminar
  2. A novela fala ao principio do libro da vida de Carlos Bovary un médico de 33 anos viúvo dunha muller máis vella ca el, despousado por torpeza, espírito débil, sensible, xusta, obtuso e sen imaxinación, a súa nai unha muller ambiciosa e intrigante e o seu pai un home borracho e fanfurriñeiro.
    Coñece a unha moza da cal se namora rapidamente ela accede a casar con el pensando que é o amor da súa vida, pero ningún dos dous se imaxina a traxedia que levará consigo a súa relación.
    Conforme pasa o tempo ela decátase (Madame Bovary) de que o seu amor non era o que esperaba, tiña amantes pensando que así tería unha vida ditosa, sen en cambio levouna a unha vida de miseria. Ao decatarse de que xa non pode facer nada pola súa vida nin polo seu matrimonio se suicida e despois da súa morte Carlos vive unha vida de baleiro, el decátase pouco a pouco das mentiras continuas da súa esposa e un día repentinamente morre.
    Aparentemente é unha convencional historia de adulterio, pero logra converterse nunha análise da humanidade nun enfoque da monotonía e a vida burguesa; encóntrase cun matrimonio insípido, busca as sensacións e emocións que cre que existen por que o leu nun libro.
    Sabela Escourido 1ºBHB

    ResponderEliminar
  3. O clube le lectura pareceume unha forma entretida de pasar o tempo. Seguramente foi porque este clube dedicado ao cine, posiblemente pode aportarme máis coñecementos do que pode facer un clube dedicado a un libro. Sen dúbida unha experiencia boa e productiva, pois debo recoñecer que agora presto especial atención a eses detalles que o profesor Quique Pujales nos amosou.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estou deacordo contigo totalmente, xa que non só pudimos falar todos e expresar os nosos pensamentos senon tamén aprender moitas cousas e tanto de lectura como do cine, porque segun a miña opinion o cine é mundo cheo de sorpresas.

      Eliminar