23 de feb. de 2012

CLUB DE LECTURA : Cartas de inverno

O pasado mes de xaneiro, os alumnos de 2º ESO A fixemos un club de lectura para comentar o libro Cartas de  Inverno de Agustín Fdez. Paz. Estas son algunhas das opinións:

"Este libro ponche en tensión e en vilo, a historia engancha bastante"(Rubén G.)

"É moi entretido porque nunca te cansas de lelo"(Marga H.)

"Gustoume que o misterio estivese sempre alí porque che dá ganas de pasar á próxima páxina"(PFT)

"É un dos libros que por propia iniciativa non lería, pero acaba resultando interesante" (BFV)

"É un libro moi interesante e intrigante. Gustoume moito aínda que me deixou moi intrigado o final"(Andrés A.)

"Foi un libro moi divertido e deixoume moi intrigada o final porque non se sabe o que acorrerá"(Andrea G.)

"Pareceume incrible que a imaxe do libro de gravados movérase e collera vida"(Víctor F.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario