21 de out. de 2011

COUSOS DO LOBO

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d´ir!
O lobo! Os ollos o lombo dolobo

Baixa o lobo polo ollo do b osco
movendo nas flairas dos texos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.

UXÍO NOVONEYRA

1 comentario:

  1. “Certamente a responsabilidade da Lingua é de todos, non só dos escritores en Lingua Galega nin dos nacionalistas defensivos ou críticos. A todo galego, sexa de partido que sexa, incumbe a responsabilidade da supervivencia da Lingua e a reivindicación da dinidade nacional de Galicia e o dereito da autodeterminación, recoñecido nominalmente para tódolos pobos”.

    ResponderEliminar