Olga Patiño Nogueira |
Un horizonte de cabaliños de mar
abrazados a unha luzada tenue
vibrante de salitre no ardor
dunha natureza salvaxe.
Iso é o que soño,
non é o que quero
que ía facer eu
cun horizonte de cabaliños de mar,
máis que soñalos?
(Olga Patiño. Do libro Tempo en desuso)
Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación é o título do libro que a escritora e profesora Olga Patiño presentou onte xunto con Celso Matalobos na fundación Nova Caixa Galicia. Este volume recolle unha selección de textos das autoras e autores que participan neste recén creado movimento cultural que eles mesmos bautizaron co nome de "Sentimentalismo" e que nace con vocación de ser unha nova
"vangarda artística galega".
Ningún comentario:
Publicar un comentario