O mércores 25 de Maio estivo con nós o escritor Pere Tobaruela para comentar o seu libro Na cerna da selva que veñen de ler en 3º da ESO. O encontro tivo lugar pola máñá no salón de actos do noso instituto.
A seguir podedes ler algúns dos comentarios dos alumnos
"Trátase dun libro que ademais de entretido pareceume moi interesante porque nos mostra diferentes culturas. O autor baseouse en feitos reais para darlle máis interés ao libro". Laura Dávila Aguiar
"Pareceume un libro peculiar, xa que o que di de matar a Dian Fossey pasa tamén na realidade; gustoume moito quizás por iso, porqu ten partes que están relacionadas coa vida real. Unha cousa que non me gustou foi que a Nemeyé lle cortasen a cabeza, pero polo resto estivo moi ben"
Desiré Taracido Nión
"O libro é interesante, pero a maneira en que di como os homes matan a Dian Fossey e ós pigmeos impresiona. Impresiona que a un lle corten a cabeza e logo xoguen con ela mentras Xiao vía o corpo decapitado no chan" Noelia Santos Fariñas
"Gustoume moito pola interesante histoira que lle pasa ao protagonista, aínda que non me gustou que dixera con anterioridade a morte de Dian Fossey" Alejandro Suárez Rodríguez.
"Foi interesante que estivese basado en feitos reais. Sorprendeunos que os pigmieos foran tan baixiños. Non nos gustou que adiantárase os feitos ao final de cada capítulo". Tania Barbosa, Raysa Alfaro e Nerea Gómez
Encantado de estar convosco. Grazas polo voso entusiasmo e interese.
ResponderEliminarQue envexa...eu tamen quero outro clube de lectura antes de que remate o curso!
ResponderEliminarDavid Espiñeira
1ºBH1
Alégrome polos pequenos de terceiro da ESO, cando o escritor nos explica un libro créanos a sensación de ter máis "fame" de ler.
ResponderEliminar