17 de maio de 2011

Día das letras galegas.

Por Cris Asensio

 

LOA A LOIS

Loa a Lois no día das Letras: Loia!

O Atlántico trae hoxe Versos nos salseiros. O océano celebra a Festa con versos salgados, azuis e verde-mar na Costa-Verdecente.

Idioma de Reis e Labradores. As Loias cantavam pelos ramos d´arredor.

Séculos de historia. Sempre a Terra. Sopran ventos novos. Sopra un vento do Norte, un Vento Lois.



Poesía, Patria e Liberdade. Paixón -di Lois. Pedimos poesía para todos porque é xusto e necesario e  fainos Nós.

Emigración, exilio. Enfermidade, di Lois; non máis, non máis, decimos.

Retrouso: Loa a Lois no día das Letras, nos días, nos 365. Todos son días das Letras.

Eirado da festa da lingua galega. Unha loia atravesa o lugar anunciando novos tempos.

Idioma noso, a nosa garantía de futuro.

Retrouso: Loa a Lois...

O Idioma: a garantía de futuro para un pobo, para o noso Pobo.

5 comentarios:

  1. Moi boa e orixinal entrada no blogue!! quen a fixo? Saudos!

    David Espiñeira Figueroa 1ºBH1

    ResponderEliminar
  2. "Poesía, Patria e Liberdade. Paixón -di Lois. Pedimos poesía para todos porque é xusto e necesario e fainos Nós."

    Gústame moito este entrada e enconcreto ese apartado! moi boa entrada!!

    Patricia Fariña Otero 1ºBH1

    ResponderEliminar
  3. "O Atlántico trae hoxe Versos nos salseiros. O océano celebra a Festa con versos salgados, azuis e verde-mar na Costa-Verdecente."

    Gústame moito este anaco posto que o mar é un elemento que me acompaña na miña vida familiar e tráeme moitos recordos.

    ResponderEliminar
  4. Gustame moito a estructura, é moi orixinal, como no anaco do libro que lemos na clase.

    Rebeca Vila Freire 1ºBH-1

    ResponderEliminar
  5. Unha entrada moi creativa e curiosa...gústame moito a maneira en que esta feita tanto o texto como as fotografias e moi inxeioso a verdade
    Cristina Chacón Ramos 1BH1

    ResponderEliminar