26 de maio de 2011

CORRELINGUA 2011

Por Milagros Mosquera Filac e Rosalía García Cernadas (4ºESO)
O IES Fernando Wirtz participa un curso máis no "Correlingua"

Os alumnos de diversos centros galegos de A Coruña , incluíndo os de cuarto da eso do noso instituto, desplazáronse ata a Torre, paseando polas rúas desta cidade e mostrando as súas pancartas en apoio a nosa lingua: o galego.
Unha vez alí, organizouse un concurso onde se entregou o premio á pancarta gañadora e a seguir poidemos disfrutar dun concerto do Grupo Nugalla. Entre tanta diversión, pedimos un minuto de silencio por Ángela Gómez, alumna do FernandoWirtz que falecera uns días antes…
Con todo, pasamos unha mañá estupenda e moi agradable. Esperamos que o ano que vén sexa tan divertido!


1 comentario:

  1. O correlingua, é unha reunión de centros de Galicia en apoio do galego.

    A verdade é que é moi entrañable ver coma hai tantos rapaces vestidos con camisetas iguais e apoiando o galego.

    ResponderEliminar