O xoves, 2 de decembro pola tarde, tivemos un club de lectura na biblioteca do noso instituto, con alumnas e alumnos de 1º de bacharelato. Pasamos un rato moi entretido comentando diferentes aspectos da novela de Darío Xohán Cabana. O que máis nos sorprendeu a todos foron as viaxes através do tempo do protagonista Galván, desde o presente até a idade media. Velaquí algúns dos comentarios dos lectores que participaron no clube
"Gustoume a despedida de Galván de Masito e Inés, coa carta e os agasallos que lles deixou; unha luva de coiro, unhas moedas dentro dun pano bordado con fíos de ouro que formaba por un lado a figura dun falcón e por outro a figura do rei Artur" Adriana Jiménez Ferrío (1BC-2)
"Foi emocionante cando Galván gañou as batallas aos cabaleiros de cores coa forza do sol" Ana Domínguez Viejo ( 1BC-1)
"A min gustoume moito a escena na montaña do Santo Grial porque era un lugar máxico pero o que se vivía Galván nese momento era real. A min esa escena fascinoume" Paula Manteiga (1BH-2)
"Gustoume moito pola maxia de pasar dunha época a outra" Alexandra Parceiro Lence (1BH-2 )
"Gustoume o libro polo ambiente relacionado coa maxia e tamén porque apareza un castelo e unha fermosa dama e que xorda o amor co cabaleiro" Mª Soledad Muíño Lema (1BC-2)
"Ao rematalo pregúntome se prefiro un fin aberto, no que eu podería usar a miña imaxinación para facer o meu final, ou pechado cun desenlace explicado. É unha historia enxeñosa" Sabela Rey Cao (1BH-2)
Saimos mou guapiños na foto jajajajaja
ResponderEliminarP.D: Son Paula (1BH2) dende a conta da miña nai