6 de dec. de 2010

OLLOS DE AGUA de DOMINGO VILLAR


Por Cris Asensio

 "Lois Reigosa escolleu un CD do andel, colocouno no equipo musical e serviu as bebidas nunhas copas anchas cuxos bordos refregara coa casca dun limón. Non sospeitou que eran as últimas que preparaba..."

     Ollos de agua de Domingo Villar é a novela que imos comentar no seguinte club de lectura que terá lugar xa no novo ano, no mes de xaneiro. Trátase dunha historia policíaca, de misterio, contada con humor e ironía, na que se oferece tamén unha visión crítica da sociedade.
 Na torre da illa Toralla, en plena ría de vigo aparece o cadáver dun saxofonista. O caso vai ser investigado polo inspector de policía Leo Caldas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario