Por Cris Asensio.
O pasado mércores 24 de novembro un grupo de alumnas e alumnos de bacharelato e 4º da ESO, fomos voluntariamente pola tarde á Academia Galega, acompañados das profesoras Elisa Fondo e Cris Asensio, para realizar unha visita guiada.
O primeiro que fixemos foi subir á biblioteca, onde nos ensinaron textos orixinais pertencentes a diferentes etapas da nosa historia, entre eles puidemos ver o manuscrito da obra titulada Os Eoas de Eduardo Pondal. Despois estivemos no salón de plenos e alí explicáronos como funciona a academia. Por último visitamos no segundo andar as estancias de época da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán, unha autentica viaxe no tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario