15 de xuño de 2016

Miña casiña, meu lar e Airiños, airiños aires

Por Bruno F:


MIÑA CASIÑA, MEU LAR:


Este poema fala sobre as desigualdades económicas, dando a coñecer o punto de vista dunha persoa con poucos recursos que apenas ten cartos para comer. Nin comeu, nin almorzou, pero aínda así ten que ir de Santiago a Padrón descalza. Cando chega á súa casa tan só pode comer un pouco de caldo.


''Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pe e perna,
sin comer nin almorzar.''


Tamén hai inxustiza social, por exemplo cando lle vai pedir a un veciño rico un pouco de comida e este non lle dá nada.


''Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar,
pedinlle una pouca broa
e non ma quixo emprestar''















AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES


O poema fala dun emigrante que ten morriña e quere volver a Galicia. É una inxustiza social porque emigra por falta de traballo. Ten tamén mala saúde xa que di que se está quedando sen forzas e perdendo á cor.


''Fun noutro tempo encarnada
como a cor de seirexa
son hoxe descolorida
como os cirios das igrexas''


Non se sente ben no sitio onde está e quere volver a Galicia coa súa familia.




''Levaime a donde me esperan
una nai que por min chora
un pai que sen min n'alenta
un irmán por quen daría
a sangue das miñas venas''




























Ningún comentario:

Publicar un comentario