Neles podemos atoparnos con:

Eduardo Pondal
Eduardo María González-Pondal Abente, foi un poeta español que escribiu en legua galega e en castelán, e converteuse nunha das máximas figuras do noso Primeiro Renacemento literario. Naceu na comarca de Bergantiños, concretamente en Ponteceso en 1835. De orixe fidalga,. En 1848 trasladouse a Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e a seguir a carreira de Medicina. Pondal tras o seu contacto con Murguía, convertese no poeta oficial do movemento rexionalista, Encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa obra máis coñecida é: “Queixumes dos pinos”, o actual himno galego.
Eduardo Pondal
Eduardo María González-Pondal Abente, foi un poeta español que escribiu en legua galega e en castelán, e converteuse nunha das máximas figuras do noso Primeiro Renacemento literario. Naceu na comarca de Bergantiños, concretamente en Ponteceso en 1835. De orixe fidalga,. En 1848 trasladouse a Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e a seguir a carreira de Medicina. Pondal tras o seu contacto con Murguía, convertese no poeta oficial do movemento rexionalista, Encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa obra máis coñecida é: “Queixumes dos pinos”, o actual himno galego.Manuel Murguía
Manuel Murguía naceu no Frexel-Arteixo (A Coruña) e creceu no seo dunha familia acomodada. Estudou Humanidades e máis Latín en Santiago de Compostela, obtendo o grao de bachiller en 1850, e ao mesmo tempo, por desexos do seu pai, comezou a carreira de farmacia, a cal deixo, pois dende o principio, Murguía xa tiña mo claras as súas preferencias, e así inclinouse cara a historia e a literatura, para dedicarse a súa labor de escritor e investigador. Nestes aos a vida cultural xiraba en torno ao "Liceo de la Juventud", onde se citaban certos estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro, esta última rematou sendo a súa esposa. Aos dezasete anos publicou a súa primeira novela, «Desde el cielo».
Emilia Pardo Bazán
Durante a súa vida escribiu monografías, contos, artigos de prensa, conferencias e ensaios. Algunhas das súas novelas máis coñecidas son: La tribuna, La piedra angular, Los pazos de Ulloa, Memorias de un solterón… A súa única de obra de poesía está dedicada ao seu fillo Xaime e é o mesmo nome do seu fillo o que lle da título á obra.
Concepción Arenal
Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez é unha das voces fundamentais do
Rexurdimento. Naceu en Celanova o 15 de setembro de 1851.
Faleceu na Habana o 7 de marzo de 1908, a onde xa emigrara en
1894 e lugar no que participaría activamente na esfera
xornalística e literaria, sendo director da revista "La Tierra
Gallega".
En 1904, viaxou á Coruña, onde xunto con Murguía concibiu a
Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, trabe
da futura Academia Gallega.
Curros foi un poeta moi comprometido coa súa terra e o seu
tempo.
A súa publicación " Aires da miña terra" en 1880, valeríalle a
excomuñón e persecución por parte da Igrexa
Wenceslao
Wenceslao Fernández Flórez naceu o 11 de febreiro de 1885 na
Coruña e morreu o 29 de abril de 1964 en Madrid.
Foi escritor e periodista, dirixiu diversos periódicos e revistas
como o "Diario Ferrolano " ou " El Noroeste" . Xa emigrado en
Madrid traballou en " El imparcial" e posteriormente no "ABC"
,
onde comeza a publicar unha serie de crónicas parlamentarias que
o fixeron famoso ás que chamaba "Acotaciones de un oyente" .
Tamén escribiu en " El liberal" e en " Tribuna".
Dende Madrid continuaría mantendo relacións coa prensa galega.
Publicou uns 40 libros e novelas de relatos de humor entre os que
destaca algún como " Volvoreta" ou "Las siete columnas".
Biblioteca virtual Miguel de Cervantes
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Periódico El Mundo
FEITO POR: Adriana Carballo Rey
Carolina Cuz Lapido
Inés Cruz Coello
Ningún comentario:
Publicar un comentario