Hoxe, luns 28 de abril, ás 19.30 h. con motivo do
80º aniversario da toma de posesión de Manuel Lugrís Freire como presidente da RAG, terá lugar na Real Academia Galega, (Rúa Tabernas, nº11, A Coruña terá lugara presentación do libro A idea na palabra, publicación que recolle textos de
Lugrís non publicados ou escasamente coñecidos, abundante
documentación e material gráfico inédito ademais de diversos textos que, sobre o
escritor sadense, escribiran os seus contemporáneos. O libro coordinado por Manuel Pérez
Lorenzo conta cun prólogo de D. Xesús Alonso Montero, o actual presidente da RAG.
O acto está organizado
pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e contará coa presenza do presidente da Academia e representantes das
distintas administracións, ademáis do autor da selección e membros da
familia que aportaron fondos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario