O vindeiro venres 25 de abril asisteremos co alumnado de 1º de Bac á
representación da obra de Tuerka Teatro, que terá lugar no Teatro Colón
ás 11 horas.
O xardín das pernas roubadas
é unha "comedia aceda" sobre os problemas da actualidade. Está
ambientada nunha illa misteriosa na que os seus moradores ou ben están
tolos ou ben se manexan por estraños intereses. Esta obra conta a
historia dun soldado náufrago que aparece nunha das praias desta illa e
que se direixe a unha guerra da que semella non saber gran cousa.
Reparto: Cesar Cambeiro (traballou na serie da TVG Matalobos), Daniel Currás (Matalobos), Miguel Manzano, Marita Martínez, Xoán Carlos Mejuto (o director da obra), Santi Romay, Lucía Sánchez e Manuela Varela.
Dirección: Xoán Carlos Mejuto. Axudante de dirección Iria Ares (Matalobos)
Xoán Carlos Mejuto:
Actor e dramaturgo que formou parte da Compañía "Teatro do aquí", baixo
a dirección de Roberto Vidal Bolaño (1994-2006). Tamén ten traballado
co Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico e Espello Cóncavo. No
mundo audiovisual participa como actor nas series Cuarto sen ascensor,
Valderrei ou Matalobos, entre outras.
Estupenda a idea de ir ó Teatro!!!
ResponderEliminarEspero que nos guste e podamos volver axiña. Sen dúbida será una maneira divertida de voltar de vacacións!!!
Elba Iglesias Cambón, 1º BAC A
É boa aportunidade para ver unha peza teatral en galego, ademais está dirixida por un galego!
ResponderEliminarQuen sabe se despois disto a algún de nós gustaralle o mundo do teatro.
Noemí Francos Vázquez
Con só ler a pequena introdución da obra xa tes gañas de ir ver a obra teatral . Además uns dos actores son coñecidos pola famosa serie galega Matalobos.
ResponderEliminarA idea de ir ó teatro e moi boa xa que tamén aprendes ao tempo de divertirte.
LAURA REDONDO 1ºBACH-A
Unha boa obra de teatro para o público de idade adolescente coma nos. Pode ser unha forma diferente de impartir valores e compartir o noso idioma mediante o arte do teatro.
ResponderEliminarXaquín Dalmao Fernández
Paréceme estupendo poder asistir a una representación teatral.
ResponderEliminarTen moi boa pinta o reparto da obra espero que nos agrade a todos esta "comedia aceda" e poidamos disfrutar dunha boa representación.
Rubén Calviño
Amo las artes, aunque no entienda del todo el gallego me las apañaré para entender. A ver que tal está, por una lado tiene un trailer eso da la impresión de que se lo han currado, ya veré yo si de verdad está bien.
ResponderEliminarCristian (El que no sabe gallego)
Paréceme moi boa idea que poidamos ir ao teatro para ver esta obra en galego. Estou segura de que con ela reflexionaremos sobre os problemas actuais, e tamén aprenderemos de grandes actores galegos.
ResponderEliminarAlba Llamazares Rodriguez 1°Bac A
Foi unha obra moi divertida,cun tema moi interesante e orixinal, recoméndoa a todo o mundo, no lles vai decepcionar.
ResponderEliminarJose Ogea 1 Bac A