O pasado mes de Agosto, con motivo das festas da cidade, tiven a sorte de ver a Carlos Núñez, (virtuoso da gaita e outros instrumentos de vento) acompañado da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Carlos Núñez naceu en Vigo o 16 de Xullo de 1971. Desde moi cedo interesouse póla música, e actualmente é un músico mundialmente coñecido. Grabei a meirande parte das composicións, pero a maís apropiada para esta época é "Villancico para la Navidad de 1829".
A pesares de ser un artista tan estupendo, non ten subida a fama a cabeza. Botou maís dunha hora ofrecendo autógrafos e fotografías. Cando voltei para casa vino pasear tranquilamente póla rúa cuns amigos.
¡¡¡ISO SI É UNHA ESTRELA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario