Publicado por Lucía Vázquez, Inés Gómez e Alba Llamazares.
O 4 de maio de 1589, tropas inglesas
abriron unha creba na muralla da cidade e asaltaron a parte vella.
Dirixidas por un alférez, lograron subir á parte máis alta da
muralla. María Pita matou ao alférez inglés, non se sabe moi ben
con que arma, uns pensan que foi cunha espada e outros que foi cunha
arma de fogo. A tradición di que este feito se levou a cabo co grito
''Quen teña honra, que me siga'', o que desmoralizou ás tropas
inglesas e provocou a súa retirada. Cando a batalla rematou, María
Pita axudou xunto con otras mulleres a recoller os defuntos e a
coidar dos feridos.
Na Praza de María Pita, onde está
situado o concello da cidade, hai no centro un monumento en honor a
María Pita. A obra está feita en bronce e representa á heroína
erguendo unha lanza e aos seus pés, o corpo sen vida do alférez
inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario