18 de nov. de 2013

A PAISAXE

foto: C. Asensio
           
 A paisaxe
 Era un día fermoso,o amencer cos seus raios iluminaban aquela fermosa cabana perto do lago no que flotaban pétalos de flor dunha rexa árbore da que caían. Os paxaros cantaban fermosas melodías que daban ledicia ós corazóns que camiñaban por alí. Un día decidín achegarme á cabana e os raios do amencer iluminaban aquel fermoso pardal que revoaba. Eu ía camiñando por unha frondosa e verde fraga cando,de súpeto, vin o pardal; as súas ás resplandecian cunha cor azul brillante coma o ceo. Aquel paxaro era moi especial. Cando veu o solpor puiden ver algo máxico. A luz das súas ás facían que caese unha orballada coa que medraban as frores e as árbores Dende entón fíxenme amigo del; móstrame unha nova paisaxe cada día.
Conto de outono por David G.V

Ningún comentario:

Publicar un comentario