Purificación García naceu nunha aldea galega de Castrelo do Val (Ourense) en
1952, no seo dunha familia humilde. Cando tiña un ano de idade emigrou a
Montivedeo coa súa familia onde pasou parte da súa xuventude. Para axudar a súa
familia empezou con 15 anos a traballar para unha empresa téxtil de punto,
despois de pasar un ano de aprendizaxe enrolando pezas, pasou ao equipo de
deseñadores e en pouco tempo chegou a ser a deseñadora.
En 1977 Purificación empezou a confeccionar os seus propios
deseños (sombreiros, bolsos, camisetas e prendas feitas a man) que ela mesma
vendía polas praias de Mallorca onde vivía daquela.
En 1981 presentou a súa primeira colección completa e en 1989
comenzou unha etapa de éxitos internacionais tras presentar as súas creacións
en países como Milán e Tokio.
En 1997, foi fichada pola compañía STL, propiedade de
Xosefina, Xavier e Xesús Domínguez irmáns do modisto Adolfo Domínguez, para o
deseño e dirección das coleccións prêt-à-porter que co seu nome comercializaría
e distribuiría a empresa compradora. A pesar dos grandes beneficios económicos
obtidos en 1999 rematou a súa relación empresarial cos irmáns Domínguez.
Actualmente as siglas PG conseguiron un merecido oco no
mercado internacional e é unha das grandes figuras da moda española.
Ningún comentario:
Publicar un comentario