Dende hai
máis de 1200 anos, moitas persoas de todo o mundo viaxan ata a catedral de Santiago
de Compostela para levar a cabo o ritual cristián de orar ante o sepulcro do
apóstolo Santiago. Os seus pasos definiron un camiño por todo o norte
peninsular, dende os Pirineos ata os montes de Galicia, que alcanzou un nome
propio co tempo, o Camiño de Santiago.
Hoxe en día
esta ruta segue aberta e é feita por moitísimos peregriños, tanto por motivos
relixiosos e espirituais como por diversión ou para facer deporte. O camiño,
marcado mediante cunchas ou frechas amarelas, entre outras sinais, permítenos chegar
a Compostela en bicicleta ou a pé, igual que o fixeron os peregriños medievais.
O pasado mes
de abril, un grupo de alumnos de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato fomos
con algúns dos nosos profesores facer unha parte do Camiño, dende Suances a
Triacastela. Foi unha gran experiencia que nos gustaría repetir.
Fotografía durante a visita ao Mosteiro de Samos (Samos, Lugo) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario