10 de xuño de 2013

“Se fueron a hacer las Américas”

Por Diego Javier Gutiérrez Barrio e Iván Enríquez Fontenla


Fotografía de Manuel Ferrol
Se fueron a hacer las Américas, era unha das expresións coloquiais utilizadas para definir a gran emigración española (a finais do século XIX até mediados do XX) cara América latina, principalmente a Cuba, Brasil, Uruguai e Arxentina.
Comecemos por situarnos no entorno do emigrado. Nesa época (XIX-XX) o fogar galego estaba xerarquicamente organizado de seguinte maneira: o home, que era o que marchaba cara as Américas, tiña o papel principal na casa e por consecuencia era considerado o gran protagonista das viaxes a América, mais tamén tivo gran importancia a muller , que en realidade quedaba nunha situación moi difícil, tiña que exercer como nai e pai, coidar dos maiores e pequenos, traballar as terras e incluso chegando a ter que vender posesións que acaban sendo de pouco valor. A viaxe do home tamén tiña a súa parte positiva, coñecer a cultura, outras realidades, o progreso e outra xente. Normalmente exercían traballos rurais e os que a xente de alí non querían facer( Traballar as terras, cociñeiro, albanel....) xa que a maioría non tiña ningún tipo de formación.

A situación non melloraba cando volvían (se é que volvían), primeiro tiñan que enfrontrarse a unha nova situación, a muller que xa pasara por un período de ausencia despois tiña que pasar o periodo de adaptación do retornado, que volvía encontrarse coa cara amarga do día a día. Pero tamén podía ocurrir que non volvesen porque formaran outra familia alí e incluso deixasen de comunicarse coa familia galega.

As cidades hacia onde era máis frecuente a emigración eran Río de Janeiro, La Habana y Buenos Aires, por exemplo, neste último, chegaron durante 1920 e 1930 1.610.000 de persoas e algúns estudos probaron que a metade da poboación da cidade eran nacidos no exterior.

No noso entorno atopamos as dúas caras da moeda, un familiar emigrado a Cuba, que despois de estar un tempo en contacto a través de cartas non volvimos a ter noticias del, posteriormente enterámonos de que formaran outra familia, algo moi común. Outro caso é o dun coñecido de aldea que marchou cara Cuba, traballou como cociñeiro e recolector de cañas de azucre e máis tarde volveu.

 

1 comentario:

  1. Lorena Diéguez 1bhb11 de xuño de 2013, 03:11

    En relacion con esta noticia gustaríame deixar o título dun libro: Fazer a América: a imigração em Massa para a América Latina

    Este libro versa sobre o tema da inmigración masiva, procedente de Europa e de algúns países asiáticos para América Latina, no período crucial que vai das últimas décadas do século XIX ata os primeiros anos da década dos trinta, o século XX. As investigacións sobre o fenómeno da inmigración, baixo as máis distintas formas e contidos, gañaron considerable repercusión nos últimos tempos.
    Creo que é moi interesante para aqueles que teñan interese polos sucesos neste feito que por desgraza ten tendencia a repetirse e sobre todo agora coa crisis que sufrimos e que nos dificulta a vida.

    ResponderEliminar