11 de xuño de 2013

Paraíso galego

Fotografía por Leticia Moledo
Fotografía por Leticia Moledo
A fervenza do Ézaro é unha das poucas de Europa que desemboca no mar, o que fai dela  un lugar digno de visitar. A fervenza está situada na Costa da Morte no concello de Dumbría e nela desemboca o río Xallas. Alí tamén se atopa o centro de interpretación da electricidade do Ézaro  onde explican o funcionamento dunha central  hidroléctrica .
Ao lado da cascadafervenza hai un paseo de madeira e a medida que andas por el obsérvase a caída da auga do río Xallas. En verán unhas luces de cores  fan da fervenza algo máís espectacular se cabe.  O horario para poder vela con iluminación é de 23:00 a 23:30h os sábados.


                                        Mirador da Moa e ao fondo a praia de Carnota


 Fotografía por Cris Asensio

Arriba, a 1 km encóntrase un mirador desde o que se divisa toda a ría de Corcubión. Ao lado queda tamén o monte Pindo lugar arqueolóxico onde se practica senderismo e onde os nosos antigos vates sitúan o Olimpo celta. Desde o seu cume, a Moa, con 641 metros, pódese contemplar unhas excelentes vistas. Outro lugar próximo é Carnota có hórreo máis longo de toda Galicia, que está declarado monumento nacional.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario