“Un heroe grego viño en busca do xigante
Xerión, quen reinaba sobre as terras comprendidas entre o Doiro e o Taxo, co
fin de liberar ao pobo do seu poder desmedido. O enfrontamento entre ambos
durou tres días coas súas correspondentes noites. Finalmente, e tras Xerión
agacharse e pasar a noite nunha cova, Hércules encontrouno durmindo, espertouno
e batéronse a unha loita a morte. Hércules venceu o xigante, cortou a súa
cabeza e enterrouno xunto ao mar.
Para celebrar a súa
vitoria, o heroe mandou construír unha torre encima da cabeza da súa vítima e ordenou tallar no faro os nomes das persoas
que admiraran a súa obra. A primeira muller chamouse Crunna, muller da que
andaba namorado, e así foi como naceu o nome da cidade de Coruña.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario