21 de nov. de 2012

Ánxeles Penas e Lois Diéguez na Cova Céltica

Ánxeles Penas e Lois Diéguez

 
"Foi unha experiencia moi boa, xa que non todos os días  temos a oportunidade de estar con autores de nivel. Os tres escritores eran moi alegres, pero o que máis me chamou a atneción é que estudaron cousas que non tiñan nada que ver coa súa dedicación. Impresionoume a maneira de manifestarse Lois Diéguez defendendo o uso do galego en Galicia. As presentacións en power point feitas por alberte Suras eran moi fermosas... Esperon que volvan outra vez porque me quedaron ganas de oilos recitar algúns dos seus poemas."
                                                                                       Cynthia L. B.
 
"O club de lectura foi unha actividade diferente e entretida, aínda que houbo algúns problemas técnicos, o tempo pasouseme rápido. Rinme bastante con algúns comentarios que fixeron. Comentaron bastantes cousas sobre a poesía e non houbo moitas preguntas da xente e falaron pouco de Celso Emilio Ferreiro. O que máis me gustou foi a canción de Fuco Pérez."
                                                                                     Manuel Angel C.V.
 
"O club de lectura estivo  ben, o mellor de todo foi poder falar en persoa cos autores, Ánxeles, Lois e alberte; e intercambiar as nosas opinións con eles. O único que foi pouco tempo que estivemos con eles. Espero poder tratar con máis autores. Estivo moi ben."
                                                              Alfonso E. F.








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario