(Acendeuse a bombilla)
Unhas maus deformes afirmaron os cotobelos
no aire estremecido
e un retablo de caras esmaceladas,
mirando para o cumio, increparon ós deuses.
Queimada carne, pernas, pés, ferraduras...
Un touro axexante, coma un Minotauro perdido
nun labirinto de brazos, rostros, pernas, seos tumefactos,
muxía longamente
(Apagouse a bombilla)
Un cincel roto
proclamou a súa protesta.
Un cabalo
dislocado, desbocado, agallopou frenético
sobre cascos de pedra e nitroglicerina.
Lóstregos.
Fedía a cortello mesturado con cloaca e azofre.
Guernica |
viuse e non se viu unha paisaxe
de b razos, rostros, pernas, dedos,
tellas, seos, portas, aramios...
Lóstregos e os derradeiros estoupidos.
Dempois, nada. Silencio. Un mesto silencio
da noite nevada ou de terra erma.
Xorxe, meu vello amigo:
Ti que estás cos que sofren a historia
e en contra dos que a escriben,
¿como fuches parar á tropa?
(Do poema "Soldado" de Longa Noite de pedra)
Este poema fala das guerras, o que fan, o que destrozan e a xente que morre. Vou falar un pouco de Pablo Picasso, nado en Malaga o 25 de Outubro de 1881. Foi fundador, xunto con Georges Braque do cubismo un movemento que revolucionou a pintura de seculo XX. Pasou una tempada na A Coruña, o seu pai foi contratado como mestre de arte do Eusebio da Guarda. Na Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos e publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas a man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules".
ResponderEliminarYolanda B.L.