13 de xuño de 2012

FALADOIRO LITERARIO

O segredo de Marco Polo de Antón Castro e Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz son os dous libros que comentamos no derradeiro faladoiro literario deste curso, con participación de alumnado de 1º de Bac.

 O segredo de Marco Polo por Mateo F.T.:

"O libro gustoume en xeral, moi liviano e levadeiro. A isto contribúe a escaseza de cultismos ou palabras rebuscadas, o que favorece unha lectura ininterrumpida. En liñas xerais gustoume, pero o argumento e o seu desenlace non me pareceron nada novo baixo o sol, ademais de intuírse este último xa desde páxinas anteriores. Sen embargo, gustoume a ambientación veneciana e a inclusión da figura de Marco Polo, cousas que fan sumar enteiros á historia. As personaxes son arquetípicas: os namorados, o malo e o sabio conselleiro. Penso que algúns recursos só se mostran por enriba e están pouco explotados, como o suspense e o misterio"

2 comentarios:

  1. A min persoalmente a parte que mais emocionoume do libro do Segredo de Marco Polo foi cando o cabaleiro español acercouse xunto a principesa Naia e a Marco caeulle unha bagoa, demostrando así cando lle importaba ela. E cando a continuación Marco Polo,o seu verdadeiro pai, dille que os homes tamén choran.
    É un libro que esta moi ben para ler, sobre todo para as persoas coma min que lles gusten as historias de amor.
    Sabela Escourido García,1ºBHB

    ResponderEliminar
  2. O segrego de Marco Polo para min é un bo libro para ler no teu tempo de lecer. Lese moi rápido xa que non ten un vocabulario moi rebuscado, e sempre mantén certa intriga que fai que queiras ler máis. Sen embargo, ten un desenlace que me decepcionou, podería non ser tan fantástico e sorprendente, porque podíamolo intuír moito antes.
    Aínda así, remcomendo a aquelas persoas que leron "Noite de voraces sombras" que o lean no verán.

    ResponderEliminar