14 de xuño de 2012

LIBROS, LIBROS, LIBROS

A COVA CELTICA DO WIRTZ
O bosque de Ancines e O segredo de Marco Polo son os libros que comentamos no faladoiro literario do xoves.




                             Con este club despedimos o curso, e anotamos as recomendacións de lecturas que para o verán nos deixa aquí Sabela, que nos propón a lectura de RAPAZAS de Agustín Fernández Paz, un libro de relatos unidos polo denominador común das protagonistas, en todos eles rapaciñas de 14 anos que nos fan partícipes das súas experienciais vitais. Un libro refrescante para levar na cesta da praia e para os tempos de lecer. Ideal para mozas e mozos de 2º ou 3º da ESO. Gracias, Sabela pola túa proposta!
1º BAC B
O grupo do faladoiro

Comentario de NOITE DE VORACES SOMBRAS por Daniel Trujillo:

               Pareceume unha historia moi interesante. Este é o libro que máis me gustou dos que lin neste curso. Unha historia de amor cun trasfondo histórico. Unha historia de amor e sufrimento. Nela cóntase como se castiga o pensar de outro xeito e defender a autonomía para Galicia supuña cárcere ou morte. Sara cumpre a vontade do seu tío Moncho e ademías libérao da súa promesa de volver a San Simón e recuperan o anel que lle tería que pertencer a Sara Salgueiro"

5 comentarios:

  1. Gustáronme moito ambos libros, aínda que creo que máis o de O Segredo de Marco Polo, que non me esperaba que ó final o Millione fose a ser o pai de Marco. Quizáis foi iso o que me animou a ler outra novela de Francisco Castro, In vino veritas; que narra a historia dun detective que está namorado da súa mellor amiga, aínda que ela non o sabe. Aínda que quixera fastidiarvos o final non podo facelo, que aínda non a rematei.
    Recoméndovolo ler neste verán, e tamén quero recomendar o libro de Ollos de Auga, que é do mesmo autor de A praia dos Afogados, outro libro que limos neste curso.

    ResponderEliminar
  2. Quería recomendarvos un libro para que leade en verán. Aínda que non sexa en galego gustaríame que aproveitedes e lle botedes un ollo xa que é moi interesante.
    O libro e O Capitán Alatriste, supoño que moitos de vos xa o tivestes que ler, pero os que non podedes facelo.
    É un libro cheo de tramas, pelexas, acción e historia e situacion de España na época.

    ResponderEliminar
  3. Ambos libros:(Noite de voraces sobras e O segredo de Marco Polo) gustáronme moito pero se teño que elixir, quédome co de Marco Polo. A pesar de ser máis longo, a historia que se conta é moi entretida. Ademáis é como se volvera a contarse a historia do verdadeiro Marco Polo, que neste libro é o pai, contada dende o punto de vista da vida do seu propio fillo, protagonista da historia que lemos.
    O autor, Francisco Castro introduce numerosos datos da historia real, por exemplo: Marco Polo viviu entre 1254 e 1324, o libro está ubicado nesta mesma época. Tamén o feito verídico de que Marco Polo foi un mercader e explorador veneciano que xunto o seu pai e o seu tío viaxaron pola ruta da seda a China.
    Marco Polo estivo no cárcere con Rustichello de Pisa, un escritor ó que lle relatou as súas viaxes. Logo publicaron un libro co nome de Il Milione ("O Millón"). É de ahí ven o nome, aínda que popularizouse a crenza de que tal nome viña de que o autor referíase con frecuencia a grandes cantidades de diñeiro: millóns.

    ResponderEliminar
  4. Estivo ben todos os clubs de lectura e os libros. Agora acabo de rematar d eler o libro de Marco Polo que teño o exame e a verdade é que é un libro interesante onde o libro cóntanos o enlace dun amor entre dos persoas xóvenes pero que queren á nena casarla cun home que ela non quere. O libro é entretido e a verdade é que cada vez voulle collendo máis gustillo a isto de ler libros de lectura.

    ResponderEliminar
  5. A min gustáronme os dous libros por igual, cada un ten o seu encanto. O segredo pareceume unha historia orixinal cun final que non deixou de sorprendernos. Eu máis que a nova de que o Millione fose o pai de Marco, que o rematei intuíndo, deime conta de que ata a muller máis rica da alta nobreza (neste caso a principessa Naia) pode namorarse dun simple soldado cheo de ilusións e esperanzas.
    En canto a Noite de Voraces Sombras fíxoseme entretido e un pouco máis ameno. A historia que relata gústame porque é bastante completa. Mezcla misterio, amor e tamén fala un pouco da historia de Galicia. Despois de ler o libro quedáronme ganas de ir visitar a illa de San Simón onde o tío de Sara, Moncho, suspiraba de amor por Sara Salgueiro mentres estaba no cárcere polas súas ideas galeguistas. Tamén cabe destacar a madurez que vai adquirindo a protagonista ao longo do libro.

    ResponderEliminar