23 de xan. de 2012

O XADREZ E AFONSO X


O Libro dos xogos ou libro do xadrez, dados e táboas foi encargado por Afonso X, rei de Castela, León e Galicia ( entre 1251e 1283)

O libro ten 98 páxinas e 150 ilustracións. Entre os xogos do libro están os dados e o backgammon e contén a descripción máis antiga destes xogos, importados dos reinos musulmáns. Esta obra é un dos documentos máis importantes para a investigación de xogos de mesa. O único orixinal coñecido atópase na biblioteca do Monasterio de El Escorial (Madrid).




Afonso X

4 comentarios:

  1. O xadrez é un xogo moi antigo, a súa importación a Europa veu da man dos árabes antes da expulsión da Península, pero o interesante deste xogo é a capacidade que ten de sublimar toda esta enerxía bélica nun deporte que estimula a intelixencia. Por iso mesmo é que a profesora Cris quere ter un xogo coma estos no noso centro, para incentivar a nosa intelixencia.
    Gústame moito a idea de que poderamos ter un xadrez no instituto e poder disfrutar dalgunha que outra inocente competición entre compañeiros. Aínda que eu non sei xogar, encantaríame aprender e chegar a ser unha boa xogadora do xadrez.

    ResponderEliminar
  2. Hai unha serie de diferencias co axedrez actual no Libro de Axedrez do rei Sabio. No primer movemento podíse saltar a unha terceira casilla, incluso por enriba das pezas como o cabalo, pero sen poder capturar ningunha peza enemiga. Este primer movemento podía ser en linea recta como a torre ou en diagonal coma o alfil, pero so no primer movemento, por iso cando un peón coronaba, aa alerza podía repetir este "triple salto", pois a fin e a cabo era o seu primer movemento.

    ResponderEliminar
  3. Alfonso X de Castela, chamado o Sabio (Toledo, 23 de novembro de 1221 - Sevilla, 4 de abril de 1284), foi rei de Castilla1 entre 1252 e 1284.
    En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e o val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, aspirou ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito ningún. Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, Fernando de la Cerda, e a minoridad dos seus fillos, o que desembocou na rebelión aberta do infante Sancho e gran parte da nobreza e as cidades do reino. Alfonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes ter desherdado ao seu fillo Sancho.
    Tamén é recoñecido pola obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Alfonso X patrocinou, supervisou e a miúdo participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que inicia en boa medida a prosa en castelán.
    Sabela Escourido 1ºBHB

    ResponderEliminar
  4. Rebeca Vila, 1ºBHC
    http://www.youtube.com/watch?v=OCmL96Jnt5Y

    ResponderEliminar