Por Mila M.
Eu quería falar un pouco da vida de
Xesús Lorenzo Varela Vázquez. Nado na Habana o 10 de agosto de 1916 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2005. Algunhas das súas obras son:-
Catro poemas galegos pra catro grabados, 1944.- Lonxe, 1954.- Poesía, 1979, Edicións do Castro.- Poesía galega, 1990. Estes poemas son dedicados a catro personaxes históricos como o que veredes a continuación.
Os grabados son obra de Luís Seoane, amigo de
Isaac Díaz Pardo e con quen fundou O LABORATORIO DE FORMAS de Sargadelos.
MARÍA PITA
María das batallas,
levareiche unha frol por cada bala;
i unha cunca de leite
arrebuxada en neve
pra che curar a sede.
¡Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!
II
María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d’unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa
III
Muller da soberana libertade,
os artilleiros danche alferezía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e mais de ría a ría:
O bronce meu, teu bronce foi María
Sen dúbida interesante a súa obra pero máis interesante foi o seu xesto de intentar conservar e promover o galego. A unha idade temprana, durante os seus estudos de Bacharelato, xa estivo vinculado co Partido Galeguista e co Partido Obreiro de Unificación Marxista. Ao longo da súa vida, fixo contribucións literarias en periódicos e revistas como Pan, Sol, o Mono Azul ou La Hora de España.
ResponderEliminarSara O.V. 1ºA
Quería destacar a súa activa participación ó iniciarse a Guerra civil ponse ó frente de batalla. Chegou a ser comandante dunha brigada da undécima división. Afiliouse ó Partido Comunista chegando a ser membro destacado.
ResponderEliminarAdemáis durante a súa vida participou en varios grupos de intelectuais:
En 1936 participa na Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura, xunto con Rafael Dieste, José Bergamín, Federico García Lorca, entre outros.
Ó ano seguinte participa no Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas, en Valencia. Alí se reúnen Pablo Neruda, Nicolás Guillén, Ernest Hemingway, César Vallejo, Raúl González Tuñón, Octavio Paz, André Malraux e Louis Aragon.