28 de abr. de 2011

Visita de Marica Campo ao Fernando Wirtz


Este xoves día 28 visítanos Marica Campo, autora do libro Confusión e morte de María Balteira.

Maria Pilar Campo Domínguez naceu en Valdo Mao, Lugo, en 1948. Foi profesora 38 anos, ata a súa xubilación en 2008. Escribe tanto poesia coma narrativa ou teatro. Algúns exemplos son: Tras as Portas do Rostro, Pedinche Luz Prestada, Abracadabras e Sextinario: Trinta e Seis mais Tres en poesía; Confesión e Morte de María Balteira, Memoria para Xoana, Crispín do Mao, Crispín do Mar e E Xoel Aprendeu a Voar, en narrativa; O Premexentes non pode cos paxaros rebezos, O Divino Sainete.


Este libro é  unha sucesión de relatos que aínda sin estar relacionados entre eles, teñen algo en común: o papel das mulleres en distintas épocas.
A primeira historia, pola que leva título o libro, fala de María Balteira, unha soldadeira que xa é vella e vai buscar a súa confidente Eusenda de Armea, unha meiga que axudaba a Balteira a conseguir aos seus homes. A meiga unha pócema para que volva ser nova, coa condición de que cando a beba a meiga morrerá. Neste relato refléxase a "confusión de personalidade" entre Balteira e a meiga, a cal, cando morra quere morrer con boa reputación, é dicir, sen que recorden os seus pecados. Ao final demóstrase que Balteira se funde coa natureza mentres a meiga vai camiño do camposanto.
Outra das historias é A Fada que conta a historia dun home que se namora dunha muller pero esta desaparece. Máis tarde o home atopa un lobo e é mordido por este. O home para defenderse dálle un golpe cun croio e o lobo morre. Nese momento dase conta de que era a muller que amaba, que se convertera nunha "Muller Lobo". Este apenado non quería casar con ningunha outra, aínda que ao final ten que casar e cóntalle aos seus fillos esta historia.

Outros relatos son A lenda do louro galán dos ollos de auga,  Lavandeiras nocturnas e A Contadora de Contos.

O que máis se pode destacar da obra é que en todos os relatos as "Protagonistas" son mulleres da Galicia do Medievo,dos séculos escuros, contemporáneas... e en todas hai seres fantásticos e da mitoloxía propia galega.

Autores Laura García e Antón Pérez, 1BC1.

2 comentarios:

  1. Na miña opinión,o libro "Confusión e morte de María Balteira" é un libro cun tema moi chamativo,anque fora un pouco dificil de ler,pero ao final entendíase ben.O que mais me gustou a min fou o de "Unha meiga en Albinoni",ademais de que era o mais sinxelo de ler.
    Un saudo!
    Raquel Gómez Ibáñez.1BH2

    ResponderEliminar
  2. Eu estou dacordo con Raquel o tema era moi chamativo, ainda que me custara entendelo ben.
    Non estou dacordo no título a min o que máis me gustou foi: "cronóforos".
    Ana Castro Rivas. 1ºBH/1

    ResponderEliminar