Fotos por Cris Asensio |
Tal día coma hoxe os alumnos de 1º de bacharalato de humanidades do IES Fernando Wirtz, asistimos no Fórum Metropolitano de A Coruña á obra de teatro "Sen pelos na lingua" representada polos actores María Ordoñez, Toño Casais e Artur Trillo da compañía Talía Teatro.
A obra trátase dunha crítica, chea de sarcasmo e humor, dos tópicos acerca do uso do galego. Mestura situacións que podemos atoparnos na vida cotiá (relacionando falar galego con ser paleto) e outras máis surrealistas (coma por exemplo a "supergalega" e "corporación linguoestética").
A obra ten unha intención clara, rirnos de nós mesmos e facernos pensar sobre o estado actual da nosa lingua. Entón...vós, que pensades?.
Marta Barandela e David Espiñeira 1ºBH1
A min a obra gustoume moito, porque pasame unha cousa moi semallante, xa que eu na clase non falo galego, porque ninguén o fala, mentres que na miña casa e na aldea falo en galego; o galego pechado, porque se falo o normativo dinme que non lles vaia con "coruñadas", cousas da aldea...
ResponderEliminarAna Castro Rivas
1ºBH/1
Gustoume moitisimo a obra pareceume moi divertida e estretiveme moito, fixome moita gracia, xa que era moi amena e pareceume moi cercana para nós xa que todas as cousas que se dician eran ben certas!
ResponderEliminarPor certo compañeiros moi boa redacción
Cristina Chacón Ramos 1BH/1
A obra pareceunos moi entretida e interesante.E que reflexa unha gran realidade do galego nestes tempos.
ResponderEliminarIvana Filgueiras e Patricia Fariña
1BH1
Déronnos o Premio Max a MEjor Autor Teatral en Gallego!
ResponderEliminarhttp://www.dioivo.eu/creacion/artes-vivas/607-premio-max-para-pelos-na-lingua-de-talia-teatro