13 de feb. de 2011

A orixe de San Valentín


A primeira asociación entre o amor romántico e o día de San  Valentín, atópase na obra Parlament of Foules de Groffrey Chaucer, poeta inglés do S.XIV. Desde ese momento comeza a celebrarse. A imaxe corresponde a unha postal de felicitación do ano 1910.
Unha das historias da orixe do día de San Valentín nace na Roma do século III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste periodo tamén se prohibía o matrimonio entre os soldados, xa que se pensaba que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla ca os homes casados porque non estaban emocionalmente ligados ás súas familias.
Xorde a figura de San Valentín, un sacerdote cristián que ante tal inxustiza decide casar ás parellas baixo o ritual cristián ás escondidas dos ollos romanos.
Valentín gaña un prestixio en toda a cidade por protexer aos namorados e auspiciar vodas secretas.
O sacerdote é chamado polo emperador romano Claudio II. Valentín intenta convertelo ao cristianismo a pesar de que os mesmos romanos perseguisen esa relixión. Finalmente o emperador manda procesar ao sacerdote.
San Valentín foi executado un 14 de febreiro.
Mentres estivo encerrado, o seu carceleiro pediulle que lle dera clases á súa filla Julia. A base de leccións e horas xuntos, Valentín namorouse da moza. A vespera da súa execución, envioulle unha nota de despedida á súa amada, na que asinou coas palabras "do teu Valentín", de aí á orixe das cartas de amor e poemas que mandan os namorados na actualidade.

PD: ¡Feliz día de San Valentín por adiantado!
MªSoledad Muiño Lema 1ºBC2

4 comentarios:

  1. David Espiñeira Figueroa 1ºBH114 de febreiro de 2011, 09:37

    Pode que sea certo que os orixes de San Valentin fosen estes, pero o que hoxe en día é...é unha patraña para vender, vender e vender máis. O amor demostrase todo-los días ;)

    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Esta historia xa a coñecía e si, bromas tontas aparte, é algo bonito (Peter Jackson faría unha gran película do tema, épica e romántica; pois hai malos (os romanos), hai unha forza sobrenatural (o amor), un heroe que tamén sofre (Don Valentín) e accións clandestinas que fan tremer a calquera).

    Entón, si, esta historia que ten detrás o día de San Valentín está ben (a pesar de que seguramente a maioría da xente que o celebra non a coñece), pero convírtese nunha data feita para o consumo puro e duro que parece quitarlle o sentido ao resto dos días do ano. É como se os outros trescentos sesenta e catro días do ano non souperas amar e hoxe precisamente a todos se nos acende o Sr. Thomas Edison na testa; e é esa insignificancia a que me repugna. Por conseguinte, o día de San Valentín conmemora unha historia sucedida moitos anos atrás que se vai perdendo a través do tempo até reducirse a unha festa de postais e bombóns.

    Sabela Rey Cao (1ºBH 2)

    ResponderEliminar
  3. Xa coñecía a historia da orixe de San Valentín. É unha historia bastante bonita, pero moi triste.
    Visto dende este punto de vista, é unha festividade conmemorativa especial, lástima que se comercialice ata o punto de reducila a un día no que hai que mercar regalos para demostrar amor.

    ResponderEliminar
  4. Lorena Diéguez 1bhb11 de xuño de 2013, 03:21

    O meu corazon che mando
    cunha chave para o abrir
    nin eu teño máis que darche
    nin ti máis que me pedir
    -Existen poemas que o dín todo en moi poucas liñas,e inda que non creo no día de San Valentín,porque creo no amor e cariño diarío,o igual que temos un día para celebrar as Letras Galegas,ou un día contra o maltrato da muller,creo que o San Valentín e a escusa perfecta para facer unha cena romántica no medio da semana,ou un agasallo romantiqueiro ou simplemente un día para decirlle a quen queres que estás con el/ela e que é importante ese día e todos

    ResponderEliminar