Comentade a cantiga. Se queredes podedes seguir este guión:
1).Se a palabra chave das cantigas de amigo é "amigo", cal creedes que é a palabra chave nas de amor?
2).Nas cantigas'de amor trátase o tema do amor, ao igual que nas de amigo pero de forma diferente, cales son esas diferencias?
3).Como representa o autor as mulleres nas cantigas de amor?
4). Dá a túa opinión breve da cantiga.
Autores: Laura García Rueda e Adrián Ballesteros Aldariz (1ºBC1)
Como vou ser a primeira en comentar, ou iso parece, seguirei o guión.
ResponderEliminarNas cantigas de amor a palabra chave é senhor (persoalmente penso que "amigo" é máis bonita).
As diferenzas que eu atopo entre as cantigas de amor e de amigo non son moitas, mais citareinas:
-O cambio da palabra chave, senhor en lugar de amigo.
-As de amor relatan un amor cortés, da nobreza, mentres que as de amigo son entre xente de menor estamento.
-Aparte de ser entre nobres, nas de amor é unha relación distinta, de vasalaxe antes que de amor. Digamos que tratan de maneira distinta esa relación.
-Na súa estrutura interna a cantiga de amigo usa moitas máis figuras retóricas, como leixaprén ou paralelismos e a de amor só soe ter refrán (que sempre pode non telo).
-A voz poética das de amigo pertence a unha muller.
En canto á visión da muller, as de amigo ofrecen unha renovada, pois esta, só dentro dos límites da nobreza, comeza a ter bens e considerarse "rica".
Esta non é unha cantiga que me disguste, mais tampouco está entre as miñas favoritas. Persoalmente prefiro as de amigo, por simple manía e intervención divina, non me baseo en ningún concepto puramente literario, exceptuando que sóanlle mellor aos meus oídos. Esta en concreto non está mal, como cantiga, a versión musicada gustoume.
Sabela Rey Cao (1ºBH2)
Son Paula desde a conta da miña nai, porque senon non me deixaba firmar.
ResponderEliminarVoy responder as preguntas, que os meus compañeiros puxeron:
- A palabra chave das cantigas de amor e a palabra "senhor", na que os homes a dan a entender referida a unha muller.
- Son moitas as formas de diferenciar as cantigas de amor coas de amigo. Una de elas é a palabra chave, tamén a forma de escribilas, as de amigo escríbense como se unha muller o falara, e nas de amor é un home, tamén que as cantigas de amigo teñen leixaprén e refrán, e as cantigas de amor tamén teñen retrouso ou refrán pero elas divídense en dous grupos, as de refrán e as cantigas de mestría, entre moitos.
- Trata ás mulleres con paixón pero a vez cun chisquiño de coita, tamén o namorado ofrécelle todo o seu amor a dama, mentres a dama pode aceptalo ou non.
- Esta cantiga fala dunha forma triste como se a sua namorada non o quixera como el a quere a ela.
Paula Manteiga 1ºBH2
Eu non sei moi ben como empezar asi que seguirei o guion.
ResponderEliminarCal é a palabara clave das cantigas de amor? xa o dixo Sabela,a palabra amor, e estou dacordo con ela.
As diferenzas entre as cantigas de amigo e as cantigo de amor son:
-As cantigas de amor tratan dun amor platonico,sen corresponder,mentres que as cantigas de amigo falan dun amor que non chega.
-As cantigas de amor son feitas por homes normalmente dirixidas a unha muller, ainda que as veces tamen van dirixidas os amigos,a Deus, o amor, as partes do corpo,etc. E as cantigas de amigo son feitas por unha muller e normalmente destinadas a un home,ainda que tamen poden ir dirixidas as amigas,a nai,etc.
-As cantigas de amor son mais complexas e completas,e decir mais cultas,mentras que as de amigo son mais sinxelas.
O autor nas cantigas de amor representa a muller como un ser divino,perfecto, a muller ideal.
A musica esta moi ben conxuntada co poema, xa que o son nos trasmite os sentimentos que quere trasmitir o poema e o mellor non as vemos ben no poema.A cantiga e moi triste, como todas as cantigas de amor.Xa que non e correspondido e esta sufrir coa dor do amor, ata o punto de pregarlle a Deus que lle corresponda a sua dama ou senon que o mate.
Alexandra Parceiro Lence-1ºBH2
Eu vou contestar as preguntas:
ResponderEliminar1- A palabra chave das cantigas de amor e senhor.
2- As cantigas de amor se basean no amor entre persoas da nobreza mentres que nas de amor e a xente do común. Nas cantigas de amor a única figura que se pode distinguir e a do retrouso(refrán) mentres que as de amigo son máis complexas. Nas cantigas de amor o autor e un home mentres que nas de amigo e unha muller a que en teoría escribe a cantiga.
3- As mulleres non aparecen directamente na cantiga senón que se utilizan unhas palabras que a representan.
A cantiga paréceme que e demasiado triste xa que o ritmo e moi lento.
Carlos Puente Mella 1ºBH2
Contestando ás preguntas:
ResponderEliminar1.A palabra chave nas cantigas de amor é senhor
2.As diferencias mais significativas son:
nas cantigas de amigo a protagonista é unha muller mentres que nas de amor o que fala é un home,nas cantigas de amigo o amor é inalcanzable e nas de amor o reclamado sentimentalmente non ven, e por ultimo as cantigas de amor son mais extensas.
3.As mulleres nestas cantigas aparecen como perfectas para o protagonista sen ningún tipo de defecto.
4.Gustame mais representada musicalmente que escrita.Aínda que é moi triste.
Judit Pousada Chao- 1BH2
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarParéceme interesante o tema das cantigas e mesmo vídeo ten a súa gracia. En canto ao comentario da mesma:
ResponderEliminarAs cantigas de amor caracterízanse polo amor de vasalaxe que sofre o namorado cara a súa senhor (palabra chave co determinante artículo en feminino) e diferénciase coas de amigo en que, nestas, a protagonista principal é unha muller, a cal fala coa natureza coma se fora o seu confidente. Tamén en que nas cantigas de amigo chega a haber un encontro entre os namorados mentres nas de amor só chega a unha súplica por parte do home cara a namorada que se sinte avergoñada por ísto. Nas cantigas de amor a muller aparece completamente idealizada mentres que nas cantigas de amigo a que aparecía idealizada era a natureza.
1.- A diferecia das cantigas de amigo, nas cantigas de amor, a palabra amigo cámbiase por dona ou senhor.
ResponderEliminar2.- Nas cantigas de amigo, a namorada fala coa natureza, as amigas, ou mesmo coa nai do seu namorado ó que lle chama amigo. O marco deste tipo de cantigas é a natureza.
Nas cantigas de amor é o namorado o que lle fala á súa dona. Aínda que en ningún momento da cantiga cita o nome dela, sabe perfectamente que el adícalla a ela.
3.- Represéntaas idealizadas, cheas de virtudes sen nada negativo que dicir delas.
4.- A min persoalmente, a cantiga gústame máis escrita que cantada, posto que escrita enténdense mellor as palabras e o significado. Ademais, lendo a cantiga, podes imaxinar ti mesmo o ritmo e a melodía.
Raquel Blanco Mosquera 1ºBC1
Respecto ás preguntas dos meus compañeiros:
ResponderEliminar- A palabra chave é "senhor" en a cantiga de amor.
-As características principais nas cantigas de amor son:
·É un home o protagonista da cantiga.
·Existe un amor cortés, onde é o vasalo quen se namora de alguén dun maior estamento.
· Este tipo de cantigas teñen moi poucas figuras retóricas, como o refrán, pero non sempre aperece na cantiga.
- As características principais das cantigas de amigo son:
·A cantiga está posta en voz dunha muller que espera o seu amado.
·O amor prodúcese entre persoas dun baixo estamento.
·Y ten unha gran cantidade de figuras retóricas, como o leixaprén, paralelismo, e o refrán(retrouso)
- O autor fala da muller como un ser excepcional, algo divino, o autor a muller da que fala na cantiga é a mais fermosa que coñeceu.
A música esta moi ben ambientada xa que trasmítenos o sentimento de dor que sente o autor ao ver o seu amor frustrado. O que non entendo é o porque das imaxes que aparecen nno video, intenta representar a beleza da muller?
A palabra chave neste tipo de cantigas é a palabra "senhor" (isto nos indica que a muller pertencia sempre a nobreza).
ResponderEliminarAs principais diferenzas son:
Nestas cantigas é o home (o trobador) o que se dirixe a muller, este sofre moito con este amor, a diferenza das de amigo.
Outra diferenza é que a muller sae idealizada neste tipo de cantigas e de que os recursos estilisticos eran escasos.
Outra diferenza é que a linguaxe é mais culta.
A muller sae como algo inalcanzable para o home e isto é polo que o home sofre moito por este amor.
Por ultimo decir que este tipo de composicións non son moito do meu agrado, pero desde logo é interesante.
Iván García Queijo 1BC1
A palabra chave das cantigas de amor é "senhor".
ResponderEliminarPor outra parte, eu creo que as diferenzas entre as cantigas de amigo e as de amor son:
-As cantigas de amor son compostas por trovadores, mentres que as de amigo son feitas por xograres.
-As cantigas de amigo son máis idealizadas, a muller fala coa nai, as amigas, as irmáns, ou a natureza e chora pola ausencia do amado, e é un amor máis puro; nas de amor existe unha relación de vasalaxe e desenvólvense na corte.
-Nas cantigas de amor, o home non é correspondido.Mentres que nas cantigas de amigo o único o problema que se pode atopar é a oposición da nai, máis o final case sempre acaba por aceptalo e alegrase cando a historia remata ben.
Nas cantigas de amor, o autor fala da muller como un ser idealizado, con descricións físicas moi xerais que están ligadas a aspectos morais.
Atopo esta cantiga bastante fermosa, a pesar de non ser das mellores que lin.
Laura Sanjurjo Mariñas (1ºBH2)
Seica chego un pouco tarde...A palabra clave nas cantigas de amigo é "amigo",mentres que nas cantigas de amor,a palabra clave é "senhor".
ResponderEliminarNas cantigas de amigo,o tema principal é o amor, son de lenguaxe sencillo e soese poñer en boca dunha namorada que espera o seu amado nunha ermita o á orilla do mar (mariñas ou barcarolas), tendo como confidente á nai ou nalguns casos á natureza.
Nas cantigas de amor o tema e o mesmo ca nas de amigo,o sentimento amoroso,pero nesta o protagonista é un home.E por último,o amor cortés, que é un elemento moi importante da cantiga de amor.
Nas cantigas de amor a muller aparece coma un ser perfecto,sen ningun defecto,o que denota o amor que sente por ela o autor.
Esta cantiga é moi bonita pero é moi lenta para mi gusto,e desprende tristeza,pero e iso o que lle fai unha cantiga especial.
Raquel Gómez Ibañez 1bh2
A palabra clave nas cantigas de amor é a senhor.
ResponderEliminarAs diferencias coas cantigas de amigo son:
-Na cantiga de amor quen fala é un home, mentres que nas de amigo é unha muller.
-Nas cantigas de amor o namorado queda como un vasalo da dama.
-O home nas cantigas de amor galego-portugesas, nunca consegue que o seu amor sexa correspondido.
A muller presentase como un ser idealizado, como se fose perfecta.
O vídeo gustoume, o mellor é un pouco lenta para o meu gusto, pero non esta mal.
Luis Ogea Borbón 1BC-2
Ben, quero dicir que o vídeo xa non se pode ver ("Foi suprimido por unha demanda de copyright" segundo di Youtube). Pero vou comentar igualmente seguindo a letra:
ResponderEliminar1)A palabra chave nas cantigas de amor é "senhor": "A mía senhor". Adoita aparecer nos primeiros versos do poema, ao igual que nas cantigas de amigo.
2)As diferencias entre o amor inocente das cantigas de amigo e o amor cortés destas cantigas é a relación que se establece entre o poeta e a dama. El se somete a ela, como un sirviente ante o seu amo, algo innovador naquela época. O poeta, namorado, ofrécese á dama, chegando a desear a morte se ela non corresponde os seus sentimentos.
3) A dama é un ser idealizado. É reservada con respecto aos sentimentos que o poeta lle confesa, e adoita estar comprometida. Xeneralmente rechaza estes sentimentos.
4)Penso que esta cantiga é moi tenra e desesperada. En xeneral, o amor destes poetas é moi inocente, pois se entregan únicamente a unha muller aínda que non vaian ser correspondidos. Gustoume pola maneira que ten de suplicar a Deus unha oportunidade para coñecela en persoa, case tímida, pero apasionada.