Afonso X o sabio naceu en Toledo no ano 1221 e foi rei de Castela á morte do seu pai, o rei Fernando III. Este rei realizou un importantísimo labor cultural na época medieva. O feito de ser rei permitiulle reunir na súa corte un grande número de sabios que se encargaron da divulgación científica entre outras tarefas. A ambición deste rei sabio era reunir todos os aspectos da cultura da súa época. Ademais do seu labor científico deiuxounos a súa obra poética como trobador as famosas Cantigas de Santa María, escritas en galego-portugués.
Se Afonso X, sendo castelán, prefería a lingua galego-portuguesa para a lírica, quen se atrevería a preferir o contrario?
Nunca escoitara musica deste grupo pareceme interesante o que fan.
ResponderEliminarPor iso investigando un pouco encontreime co proxecto deste grupo (Luar na Lubre) e baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos e tamén fan as suas propias composicións.
Sendo coruñes converteuse hoxe en día a banda máis internacional da Galiza levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta a moitos lugares do mundo.
Tamén ganaron moitos premios entre eles por exemplo ao mellor grupo de folk da Galiza outorgado polo diario "El ideal Gallego",nove premios da música concedidos pola SGAE e pola "Academia de las artes y las ciencias de la música" sumándoselle dous premios Luar outorgados polo programa "LUAR" da TVG pola mellor traxectoria profesional e polo mellor tema galego como moitos outros premios.
É un grupo que se da a coñecer por a súa música
e pareceme cousa moi beneficiosa para enriquecer a nosa arte polo mundo e darnos a coñecer como pobo galego.
Déixovos a paxina principal deste grupo para quen o queira ver.
http://www.luarnalubre.com/historia.php?idioma=gl
Paréceme moi interesante o que fai este grupo aínda que non o coñeza practicamente nada, he oído falar deles pero nunca me interesou.
ResponderEliminarCreo que é unha música moi peculiar, que non se adoita escoitar hoxe día pero que aínda así enriquece ao pobo galego.
Mayra Alexandra Caña 1BH1
Gustame que este grupo toque as cantigas de Afonso X para que a xente as coñeza e non desaparezcan,grazas a eles podese sentir aires medievais.Aunque penso que he unha musica que atrae pouco a xuventude actual.
ResponderEliminarJavier garcia ferrero 1BH1
A canción esta ben,gustoume,pensei que iva a ser peor,pero non está tan mal..e gustame que teñamos a grupos doutro estilo propios de Galicia que non os hai en España.Estou de acordo con Mayra que cousas asi enriquecen a Galicia.
ResponderEliminarYannick Afonso
Pareceme moi ben que a pesar da globalización e da perda de tradicións, aqui en Galicia faganse cousas como estas para manter a nosa cultura. Tamen sorprendeme que idade media, un rei podera gobernar un país e á vez facer esto e que agora cobran por soamente representarnos.
ResponderEliminarDaniel Trujillo
Gustame moito Luar na Lubre, non so musicalmeente, se non tamen por toda a labor que fan divulgando a cultura, a musica e o idioma galego, non so en Galicia e España, se non tamen por todo o mundo. A cantiga que estan a cantar de Alfonso X non me entusiasma especialmente. Para min os dous temas mais fermosos que cantan son "Tu Gitana" http://www.youtube.com/watch?v=2F9GJEhOEKA e "Chove en Santiago" http://www.youtube.com/watch?v=fnz3BoxRFh4
ResponderEliminarDavid Espiñeira
Eu xa coñecía este grupo, xa que a miña familia gústalle, tamén me parece moi ben o que esta intentando xa que básase en recuperar a cultura e as tradicións. É un dos grupos galegos de folk con maior proxección, tamén é un grupo que apareceu na Coruña o cal trata temas tradicionais sobre o cancioneiro galego.
ResponderEliminarComo crítica é de dicir que me gustaba moito máis o grupo canco cantaba Rosa Cedrón, xa que esta agora deixou o grupo.
Ana Castro
1ºBH/1
Faime graza escoitar esta música porque eu xa a tiña escoitado e mesmo, entre coñecidos, a tararean pero nunca pensei de ónde proviña e menos que fose parte das cantigas de Afonso X.
ResponderEliminarA representación da cantiga de Alfonso X, gustoume moito, na miña opinión pareceme interesante escoitar este tipo de música, xa que a parte de ser as cantigas moi bonitas, son parte da nosa cultura.
ResponderEliminarAdemáis pareceme moi ben que este programa (Luar na Lumbre) represente música das nosas raíces para que nos poidamos escoitalas.
Luis Ogea Borbón 1BC-2
Paréceme moi loable que esta xente se dedique a interpretar e divulgar algo pertencente a nosa cultura, enriquecéndoa e facendo que non desapareza, nin sexa esquecida. Por esa labor, creo que os premios que mencionou Laura que lles foron otorgaros, están ben merecidos. A forma na que interpretan estas composicións paréceme mais amena e atractiva ca a tradicional ( Coma esta por exemplo: http://www.youtube.com/watch?v=EPtiF_BMv6g ).
ResponderEliminar- Dicir que Alfonso X patrocinou, supervisou e a miúdo participou coa súa propia escritura e coa colaboración dun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido coma Escola de Traductores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que inicia en boa medida a prosa en castelán.
- Tamén atopei unha interesante páxina na que aparece unha selección de diferentes cantigas de Santa Maria acompañadas de música : http://cantigas.webcindario.com/cantigas/indicecantigas.htm
Mª Soledad Muiño Lema 1ºBC2
Paréceme que toda a xente debería de coñecer grupos de música galega, e sobretodo os que son coma estes que fan que a lírica mediaval galego-portuguesa acabe chegando a todo a xente.
ResponderEliminarAída Rodríguez 1ºBC2
Xa coñecía de antes a Luar Na Lubre. Esta canción é realmente fermosa.
ResponderEliminarA verdade é que o galego-portugués ten un encanto especial; ten moita musicalidade, e iso é una característica recomendable para os poemas, que teñen sempre un "ritmo" interno. Podo entender a mentalidade de Afonso X cando prefería esta lingua para escribir as súas cantigas.