(fotografía por Cris Asensio)
BELÉN, ANO CERO
Xuntei o vento frío coa auga-neve,
xuntei a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Que misterio máis fondo, que aventura:
o neno non quería
gozar de outros irmaus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
e si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas maus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.
Xuntei tódolos orfos nun só berce,
xuntei as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.
¿Quen foi o que roubou o meu presente?
Ningún comentario:
Publicar un comentario