O “Apalpador” é unha das tradicións galegas de Nadal que se festexaba no Courel. Este personaxe era un vello xigante que tiña como oficio ser carboeiro e que vivía nas devesas de alta montaña. No 31 de decembro baixaba ás aldeas para apalpar as barrigas dos nenos para comprobar que estaban ben alimentadas e deixáballes unha morea de castañas quentes.
Están de moda estes versos que os pais cantan aos seus fillos a noite na que baixa:
- Hoxe é noite de Nadal,
vaite ninín á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña.
Autores: Carlos Puente Mella (1ºBH2)
(1ºBH2)
Sabela Rey Cao
O apalpador ao igual que moitas tradicions ou mitos galegos son acompañados por canticos, versos, ect...
ResponderEliminarOutro mito galego que me chamou a atencion é o Nubeiro que é un personaxe de aspecto forte e grande, vestido con peles negras, que podia provocar tormentas e dirixir os raios a vontade. Polo xeral, asóciase a todo o que teña que ver coa néboa, os tronos, os raios, a choiva forte, ect..
Hai un cántico que fai referencia a este mito:
Tanguen os cregos a campá,
Pra escorrentar ó Nubeiro,
Ben eles sudan... pra encher,
Pra todo o ano, o granceiro.