06/04/2017

VISITA RAG-CMEPB

        Saímos ás 9:04 da mañá do instituto en dirección á Real Academia Galega e á casa-museo Emilia Pardo Bazán, situadas no mesmo edificio, na rúa Tabernas, 11, na Cidade Vella.
        A nosa primeira parada lévanos á rúa Fernández Latorre. Alí podemos ver dende unha posición moi boa a Fábrica de Tabacos da cidade da Coruña, atravesando a Praza da Palloza, a cal ten unha estatua adicada ás cigarreiras, as traballadoras da fábrica, quenes o facían baixo unhas condicións penosas. Continuamos o noso percorrido pola avenida de Linares Rivas, continuando polos Cantóns e ata chegar á Rúa Real, Nº36.. Neste edificio, no ano 1927, fundouse a Editorial Nós, por Ánxel Casal. Da imprenta dese edificio saíron publicacións de tal calidade como A Nosa Terra, o voceiro da xeración Nós; e a revista Nós, de vital importancia durante a primeira metade do século XX.
       Avanzando unha pouca máis chegamos á rúa Riego de Agua, onde sitúase, no número 38, a antiga Libraría Regional. Esta libraría foi levada por Uxío Carré Aldao, e nela sitúanse algunhas fazañas da Xeración Nós. Nela celebrábanse as reunións da Cova Céltica, un faladoiro onde os intelectuais desta xeración discutían sobre temas diversos, como política, filosofía, a sociedade e a lingua, etc... Neste faladoiro participaron ilustres coma Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Manuel Lugrís Freire, Xosé Baldomir ou o propio Uxío Carré. Moitos destes autores fundaron as Irmandades da Fala, a maior sociedade de autores, filósofos, políticos e ideólogos galeguistas pola defensa, normalización e uso da lingua galega e os seus valores. Todos eles puxeron en conta as ideas que apareceron no Rexurdimento con moito éxito ata 1931, sendo nese ano cando disólvense para formar o Partido Galeguista.
         Continuando coa saída, proseguimos en dirección a María Pita, e continuamos pola cidade vella, subindo un par de rúas ata a rúa Tabernas 11, o noso destino, a actual sede da Real Academia Galega e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Nela recíbenos Manuel, quen diríxenos ao terceiro andar, onde atópase a bibloteca. Alí explícanos cando e por que celébrase o Día das Letras Galegas, e a quen se lle adicaban este ano 2017: a Carlos Casares. A súa incrible contribución ao idioma galego, as súas aportacións como prosista e a súa convicción para manter os valores nos que crían os membros das Irmandades, entre outros, foron os motivos polos que a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras este ano a Carlos Casares. Ademáis, a biblotecaria amosounos algúns libros moi especiais, entre os que podiamos atopar un libro da Idade Media ou unha primeira edición do libros de Rosalía de Castro máis afamado, Cantares Gallegos. Tras ter a oportunidade de admiralos, baixamos ao andar máis baixo, ao salón de asembleas da academia. Alí, Manuel explicounos a historia dos membros da asemblea, os seus presidentes, como se escolle a persoa á que se lle adican ás Letras cada ano... A Academia foi fundada en 1906, baixo a presidencia de Manuel Murguía, quen a embarca na súa época dourada, ata o 2 de febreiro de 1923.
          Tras esta curta visita, Manuel diríxenos á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, situada no primeiro andar. O noso guía cóntanos toda a vida de Pardo Bazán. Dende a súa infancia, no seo dunha familia de alta sociedade, mostra un pensamento moi maduro, e dende moi curta idade intervén nos coloquios familiares. Sempre cun pensamento político moi forte, aos 16 anos casa cun home cunha ideoloxía política contraria. As súas obras son un reflexo da súa convicción política, Así, unha das súas novelas máis coñecidas, La Tribuna narra a vida das cigarreiras da Fábrica de Tabacos, as cales a propia Pardo Bazán puido ver traballando nas condicións infrahumanas nas que estaban. Un pouco apurados, rematamos a visita á RAG e á Casa-Museo.
          Tras saír, dirixímonos á Igrexa de Santiago, xusto a carón da RAG. Posteriormente, tivemos un receso dunha media hora na praza de Azcárraga antes de prosegui-lo noso camiño por diferentes puntos da Cidade Vella, como o Xardín de San Carlos, o arquivo do Reino de Galicia ou a Fundación Luís Seoane. De camiño xa de volta ao instituto, unha intensa choiva deixounos atrapados durante case 45 minutos. Finalmente antes de rematar a saída, fixemos unha parada nos Xardíns de Méndez Núñez para admirar algunhas estatuas e bustos, como a de Emilia Pardo Bazán ou o imponente monumento a Concepción Arenal.
          A nosa visita, aínda que longa, cansada e afectada pola choiva, serviunos para ampliar os nosos coñecementos sobre a RAG, Emilia Pardo Bazán, e tamén como medio para aprender máis sobre a nosa cidade, pois na miña experiencia persoal, nesta saída visitei e coñecín lugares que nunca vira da Coruña. Foi un gran estímulo.
 Estatua Emilia Pardo Bazán

12
34


 5 6 7

 8


1: Estatua Emilia Pardo Bazán
2: Fundación Luís Seoane
3: Xardín de San Carlos
4: Igrexa de Santiago
5: Estatua Concepción Arenal
6: Rúa Real
7: Interior da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
8: Fábrica de Tabacos

Tódalas imaxes en www.google.com/images

Feito por Guillerme López

Ningún comentario:

Publicar un comentario