14/04/2017


A nosa  visita  cultural


 O pasado venres 31 de maio, nós, as clases de 1º bacharelato do IES Fernando Wirtz, realizamos unha visita cultural á Real Academia Galega: institución situada na Coruña, cuxo obxectivo é o  estudo, defensa e elaboración das normas lingüísticas do idioma galego; así como, a fomentación da cultura autóctona da nosa comunidade.

Comezamos a excursión visitando a Fábrica de Tabacos, lugar no que se ambienta a novela La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán: unha das escritoras máis importantes do século XIX e notable defensora dos dereitos das mulleres. A casa museo de Emilia atópase no mesmo edificio ca RAG, polo tanto, aproveitamos para visitala cunha guía. Alí, explicáronnos como o seu pai edúcaa cos valores dun home, criando así a unha muller imparable e transgresora, xa que escribe prosa tratando temas moi controvertidos. Debido a isto, Emilia é moi criticada, gañándose inimizade con outros autores do Rexurdimento coma Manuel Murguía.
Un dato curioso sobre a RAG, é que os seus membros votan no costurero que pertencía a Emilia Pardo Bazán; segundo eles, é unha tradición moi importante que vai perdurar no tempo.

No noso percorrido, tamén visitamos outros lugares relacionados ca etapa do  Rexurdimento galego a finais do século XIX e principios do XX: seguimos andando ata chegar á Rúa Real Nº36, onde en 1927, o escritor galeguista  Ánxel Casal funda a editorial Nós; da súa imprenta saen as significativas obras  A Nosa Terra e a revista Nós.
Adentrándonos na cidade vella, concretamente na rúa Riego de Agua Nº38, observamos a Librería Regional, a cal un día foi a sede da Xeración Nós. Aquí, intelectuais coma Eduardo Pondal e Manuel Murguía, reúnense para falar de temas políticos, filosóficos, etc. conformando así, a Cova Céltica.
Máis tarde, moitos dos membros pertencentes a este faladoiro fundan as Irmandades da Fala, cuxo obxectivo e defender e normalizar o galego; achegámonos  á rúa Franxa para observar a súa placa.

            A seguinte parada e a Rúa Tabernas, 11; alí, ca mesma guía que nos amosa a casa de Emilia Pardo Bazán, visitamos a sede da Real Academia Galega, onde nos explican un pouco sobre os membros da asemblea, a fundación da mesma, o día das Letras Galegas, etc.; tamén temos acceso a súa biblioteca, aquí podemos atopar os primeiros dicionarios e libros en galego, como tamén a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.




Na miña opinión persoal, a guía explicouno de forma entretida e amena.

Logo dun descanso na praza Azcárraga, continuamos percorrendo diferentes puntos da cidade vella: Casa de Rosalía de Castro, de  Cornide, o Xardín de San Carlos, o Arquivo do reino de Galicia e a Fundación Luís Seoane. Para rematar a mañá, facemos un percorrido polos Xardíns de Méndez Núñez, observando as estatuas conmemorativas de Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Concepción Arenal, Manual Murguía, Eduardo Pondal, Valle-Inclán e Castelao.


Trás esta excursión, podemos apreciar máis o valor  e a importancia cultural da nosa cidade, xa que conten un anaco da historia do Rexurdimento da lingua galega, gracias ó que, aínda podemos gozar dun idioma propio e independente. Ademais, foi unha forma diferente e entretida de repasar o dado en clase.

Paula Rivas e Patricia Rajo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario