Amosando publicacións coa etiqueta Festas e tradicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas e tradicións. Amosar todas as publicacións

21 de nov. de 2013

Magosto

As frías noites do 1 ata o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinocio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar. A festa consiste en facer una fogueira e, unha vez haxa brasas, colócase sobre elas un cilindro metálico con buratos na súa base, chamado tambor ou noutras zonas tizolo. Sobre ese recipiente exténdense as castañas ás que antes se lles realizou un corte para que non salten ou exploten. Unha vez asadas xa están listas para comer.
Hai un refrán que dí: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".



aa

2 de xuño de 2013

Festas da Coruña.



Na provincia da Coruña destacan dúas festas que ademais de ter un recoñecemento galego e español, contan cunha relevancia turística internacional. 
Son, en primeiro lugar, a festa das festas en Galicia, Santiago Apóstolo, día da capital galega e de toda a comunidade autónoma, que grazas ao Camiño de Santiago atrae cada ano a millóns de peregrinos e turistas, desexosos de gozar do botafumeiro na misa do peregrino e dos tradicionais fogos artificiais na fachada da Catedral. 

 

Outra festa de carácter internacional é musical e trátase do Festival Internacional do Mundo Celta, coñecido popularmente como Festival de Ortigueira, que unha semana antes da celebración do Apóstolo inunda a vila de Ortigueira de sons de gaita chegados dende Irlanda, Escocia, Francia e Asturias e que atrae a mozos e non tan mozos desexosos de escoitar a mellor música de raíz.





Finalmente, e tamén recoñecida como de Interese Turístico Nacional son as Fogueiras de San Xoán que se celebran na noite do 23 ao 24 de Xullo na Coruña. Nelas, unha marea de xente enche a praia de Riazor e outros barrios da cidade herculina para cenar sardiñas asadas e cumprir co rito de saltar a fogueira que mantén afastados aos espíritos.