2 de xuño de 2013

Festas da Coruña.



Na provincia da Coruña destacan dúas festas que ademais de ter un recoñecemento galego e español, contan cunha relevancia turística internacional. 
Son, en primeiro lugar, a festa das festas en Galicia, Santiago Apóstolo, día da capital galega e de toda a comunidade autónoma, que grazas ao Camiño de Santiago atrae cada ano a millóns de peregrinos e turistas, desexosos de gozar do botafumeiro na misa do peregrino e dos tradicionais fogos artificiais na fachada da Catedral. 

 

Outra festa de carácter internacional é musical e trátase do Festival Internacional do Mundo Celta, coñecido popularmente como Festival de Ortigueira, que unha semana antes da celebración do Apóstolo inunda a vila de Ortigueira de sons de gaita chegados dende Irlanda, Escocia, Francia e Asturias e que atrae a mozos e non tan mozos desexosos de escoitar a mellor música de raíz.





Finalmente, e tamén recoñecida como de Interese Turístico Nacional son as Fogueiras de San Xoán que se celebran na noite do 23 ao 24 de Xullo na Coruña. Nelas, unha marea de xente enche a praia de Riazor e outros barrios da cidade herculina para cenar sardiñas asadas e cumprir co rito de saltar a fogueira que mantén afastados aos espíritos.