Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA E LITERATURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA E LITERATURA. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2011

"Airiños, airiños, aires"



Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños levaime a ela.
.....................................

¡Ai, miña probe casiña!
¡ai, miña vaca bermella!
Años que balás nos montes,
pombas que arrulás nas eiras,
mozos que atruxás bailando,
redobre das castañetas,
xas-co-rras-chás das cunchiñas,
xurre-xurre das pandeiras,
tambor do tamborileiro,
gaitiña, gaita gallega,
xa non me alegrás dicindo:
-¡Muiñeira, muiñeira!
¡Ai, quen fora paxariño
de leves alas lixeiras!
¡ai, con que prisa voara,
toliña de tan contenta,
para cantar a alborada
nos campos da miña terra!
Agora mesmo partira,
partira como unha frecha,
sin medo da noite negra;
e que chovera ou ventara,
e que ventara ou chovera,
voaría e voaría
hastra que alcansase a vela.
Pero non son paxariño
e irei morrendo de pena,
xa en lágrimas convertida,
xa en sospiriños desfeita."...                " Cantares Galegos"

24 de mar. de 2011

O día da poesía no Fernando Wirtz



Por Cris Asensio

Celebramos a poesía
porque si,  porque nos prace
porque amamos a poesía,
porque a necesitamos,
porque nos alimenta,
porque nos dá conforto e guía,
porque nos fai medrar individualmente  e como pobo
e porque
"A poesía é un arma cargada de futuro" (Gabriel Celaya)

17 de feb. de 2011

Poesía a ritmo de rock

Moitas veces, de forma equívoca, relacionamos poesía con palabras suaves, para susurrar no oído e olvidamos que non sempre é así.
A poesía tamén pode reivindicar, queixarse, lamentarse. E pode gritarse con forza.

Por iso, aínda que cando pensamos en cancións baseadas en poemas sempre temos en mente unha melodía e un ritmo lento, tamén poden ser cantadas con máis forza.

A xustiza pola man é un poema de Rosalía de Castro, do libro Follas Novas. E deste poema existe unha versión feita por Nao:


Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,

Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.


Que vos parece? Este tipo de música semella acercarse máis a xuventude? Coñecedes outros exemplos?

Autora: Marta Barandela 1BH1