O pasado 7 de Xuño tivemos a honra de contar con Abraham para un obradoiro de comic destinado a alumnado de 1º de ESO. A verdade que foi todo un éxito. As alumnas e alumnos de 1º de ESO do noso instituto leron previamente o libro de Xoeliki, as aventuras dun pirata cibernético. Un grupo de alumnos de 2º fixeron esta reportaxe que mostramos aquí e todos e todas esperamos con impaciencia a segunda entrega das aventuras deste ciberpirata e coa ilusión de contar novamente con este xenial debuxante e creador que o é Abraham. Parabéns para o autor e desde aquí recomendamos aos que aínda non leron o libro, que se animen este verán!!
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura 2011-2012 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura 2011-2012 b>. Amosar todas as publicacións
19 de xuño de 2012
15 de xuño de 2012
LECTURAS PARA O VERÁN
Esta noticia é para recomendarvos un libro para o verán que a nós pareceunos moi interesante, estámosvos a falar do libro A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Un libro que comeza nun xuizo, no que ao protagonista conta o feito que o levou a estar sentado ante o xuiz, un suceso cheo de intriga, asasinatos, conflictos amorosos e decepcións e cun revelador trasfondo histórico. Se vos gustan os libros con sorpresas inesperadas, non dubidedes ni un momento, e ide á biblioteca por el.
Autores: Naomi Mosquera Castro e Eduardo Cagide Blanco.
14 de xuño de 2012
LIBROS, LIBROS, LIBROS
A COVA CELTICA DO WIRTZ |
O bosque de Ancines e O segredo de Marco Polo son os libros que comentamos no faladoiro literario do xoves. |
Con este club despedimos o curso, e anotamos as recomendacións de lecturas que para o verán nos deixa aquí Sabela, que nos propón a lectura de RAPAZAS de Agustín Fernández Paz, un libro de relatos unidos polo denominador común das protagonistas, en todos eles rapaciñas de 14 anos que nos fan partícipes das súas experienciais vitais. Un libro refrescante para levar na cesta da praia e para os tempos de lecer. Ideal para mozas e mozos de 2º ou 3º da ESO. Gracias, Sabela pola túa proposta!
1º BAC B |
O grupo do faladoiro |
Comentario de NOITE DE VORACES SOMBRAS por Daniel Trujillo:
Pareceume unha historia moi interesante. Este é o libro que máis me gustou dos que lin neste curso. Unha historia de amor cun trasfondo histórico. Unha historia de amor e sufrimento. Nela cóntase como se castiga o pensar de outro xeito e defender a autonomía para Galicia supuña cárcere ou morte. Sara cumpre a vontade do seu tío Moncho e ademías libérao da súa promesa de volver a San Simón e recuperan o anel que lle tería que pertencer a Sara Salgueiro"
13 de xuño de 2012
FALADOIRO LITERARIO
O segredo de Marco Polo de Antón Castro e Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz son os dous libros que comentamos no derradeiro faladoiro literario deste curso, con participación de alumnado de 1º de Bac.
O segredo de Marco Polo por Mateo F.T.:
"O libro gustoume en xeral, moi liviano e levadeiro. A isto contribúe a escaseza de cultismos ou palabras rebuscadas, o que favorece unha lectura ininterrumpida. En liñas xerais gustoume, pero o argumento e o seu desenlace non me pareceron nada novo baixo o sol, ademais de intuírse este último xa desde páxinas anteriores. Sen embargo, gustoume a ambientación veneciana e a inclusión da figura de Marco Polo, cousas que fan sumar enteiros á historia. As personaxes son arquetípicas: os namorados, o malo e o sabio conselleiro. Penso que algúns recursos só se mostran por enriba e están pouco explotados, como o suspense e o misterio"
11 de xuño de 2012
ESCOITANDO AS NEURONAS por XURXO MARIÑO
Por Nildes A.
Comparto a opinión de Mateo, actividades así no centro son unha
moi boa proposta para nós, os alumnos. No meu caso, aínda que me
gustaría, non puiden quedar ata ó final, aínda así todo o que
escoitei, pareceume curioso e interesante, aínda que recoñezo que
bastantes cousas as descoñecía.
Hai uns meses Xurxo Mariño deu unha charla similar, algo máis breve en TEDxGalicia, isto é un programa de charlas, no que se reflexiona sobre cuestións como ¿qué é o que nos move? a sociedade dixital, etc. Déixovos o video, fixeime en que moitas das imaxes que expón son as mesmas que nos presentou a nós:
Hai uns meses Xurxo Mariño deu unha charla similar, algo máis breve en TEDxGalicia, isto é un programa de charlas, no que se reflexiona sobre cuestións como ¿qué é o que nos move? a sociedade dixital, etc. Déixovos o video, fixeime en que moitas das imaxes que expón son as mesmas que nos presentou a nós:
7 de xuño de 2012
XURXO MARIÑO: "CLUB DE LECTURA CON CIENCIA"
"Unha viaxe ao funcionamento da mente" é o título da charla científica que Xurxo Mariño desenvolveu hoxe pola tarde na nosa biblioteca. Explicounos dun xeito ameno e didáctico o funcionamento do sistema nervioso, composto por millóns de neuronas interconectadas entre si e que se comunican continuamente por medio dunha especie de besos chamados "sinapsis", que é o xeito de pasarse a información dunha neurona a outra dende os receptores ata o sistema nervioso central. Cada unha das neuronas que temos no cerebro ten carga eléctrica. A neurona é como unha pila que ten un diferencial de carga entre os polos de 70mV, comparando isto coa pila tradicional que ten 1500mV. O profesor suliñou a fascinante idea de que precisamente é esta actividade neuronal a que permite que experimentemos moreas de emocións distintas e que teñamos consciencia de nós mesmos e do mundo que nos rodea.
11 de abr. de 2012
CLUB DE LECTURA: "VIOLETA TAMURANA"
![]() |
ANDREA MACEIRAS, A ESCRITORA |
Hoxe na biblioteca reunímonos alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO coa autora da novela.
O PROFESOR ALFONSO DÍAZ SIXTO PARTICIPANDO NO CLUBE |
Autora do cartel: Leticia de 3ºA |
O club de lectura empezou con todos moi tímidos pola presenza da autora, Andrea Maceiras. Algúns máis ca outros e os demais comezaron a facer preguntas, cabe destacar Elías. A autora sorprendeunos cunha gran presentación en Power Point moi interesante. Ao final da charla e de todas as cuestións chegou unha gran sorpresa: A autora firmou algúns exemplares e Wendy gañou unhas entradas para o cine! Unha tarde fantástica... e Violeta!
Grazas Andrea!!!
Grazas Andrea!!!
Autores do texto: Pablo Fernández e Victor Freire.
Colaboradores: Elías Montes e Eduardo Ramos.
22 de mar. de 2012
24 de feb. de 2012
23 de feb. de 2012
CLUB DE LECTURA : Cartas de inverno
"Este libro ponche en tensión e en vilo, a historia engancha bastante"(Rubén G.)
"É moi entretido porque nunca te cansas de lelo"(Marga H.)
"Gustoume que o misterio estivese sempre alí porque che dá ganas de pasar á próxima páxina"(PFT)
"É un dos libros que por propia iniciativa non lería, pero acaba resultando interesante" (BFV)
"É un libro moi interesante e intrigante. Gustoume moito aínda que me deixou moi intrigado o final"(Andrés A.)
"Foi un libro moi divertido e deixoume moi intrigada o final porque non se sabe o que acorrerá"(Andrea G.)
"Pareceume incrible que a imaxe do libro de gravados movérase e collera vida"(Víctor F.)
15 de dec. de 2011
A PRAIA DOS AFOGADOS

A praia dos afogados de Domingo Villar foi a novela que levamos nesta ocasión ao noso faladoiro de A Cova Celtica.
A continuación podedes ver un "resumo"dos aspectos que comentamos e algunhas das opiníons dos participantes no tríptico que elaboramos entre todos a xeito de conclusión. Foi unha experiencia moi interesante e participativa.
2 de dec. de 2011
VALADOS
Por Margarita e Brais.
Os alumnos do club |
O pasado xoves, os alumnos de 2º de ESO do FernandoWirtz Suárez fixemos un club de lectura, no que falamos dun libro de Agustín Fernández Paz, titulado Valados.
Dixemos as opinións que cada un de nós tiña sobre o tema do libro , a discriminación ás clases máis desfavorecidas, e por cuestións de raza e relixión. Tamén trata de cousas e sentimentos como a amizade, neste caso entre dous nenos de clases, razas e relixións distintas, aos que os prexuizos dos pais non conseguirán separar.
Este libro sen dúbida é unha representación das inxustizas de hoxe en día, a falta de liberdade, o racismo...
![]() |
"tamén eles habían derrubar o muro que o medo e o odio construíran..." |
21 de nov. de 2011
A PRAIA DOS AFOGADOS
CLUB DE LECTURA
o xoves 24 de novembro
![]() |
Na praia da Madorra, en Panxón foi descuberto o cadaver do mariñeiro Xusto Castelo... |
![]() |
"O mariñeiro comezou a volcar o contido das nasas nun cesto para poder levar as capturas nocturnas a terra" |
“Apaixonante novela de intriga que mergulla ao lector na Galicia mariñeira”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)