7 de xuño de 2012

XURXO MARIÑO: "CLUB DE LECTURA CON CIENCIA"

"Unha viaxe ao funcionamento da mente" é o título da charla científica que Xurxo Mariño desenvolveu hoxe pola tarde na nosa biblioteca. Explicounos dun xeito ameno e didáctico o funcionamento do sistema nervioso, composto por millóns  de neuronas interconectadas entre si e que se comunican continuamente por medio dunha especie de besos chamados "sinapsis", que é o xeito de pasarse a información dunha neurona a outra dende os receptores ata o sistema nervioso central. Cada unha das neuronas que temos no cerebro ten carga eléctrica. A neurona é como unha pila que ten un diferencial de carga entre os polos de 70mV, comparando isto coa pila tradicional que ten 1500mV. O profesor suliñou a fascinante idea de que precisamente é esta actividade neuronal a que permite que experimentemos moreas de emocións distintas e que teñamos consciencia de nós mesmos e do mundo que nos rodea.

Xurxo Mariño é investigador no eido da neurofisioloxía e pertence ao Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, Neurocom e tamén colabora co laboratorio do Dr Sur do Massaschusetts Institute of Technology de EEUU. Entre as súa publicacións sinalamos os libros:                                                          Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas            e Pó de estrelas. Novas recitas científicas de os dados do reloxeiro. Ambos libros están publicados polo Consello da Cultura Galega.

6 comentarios:

  1. Foi unha charla bastante interensante e amena, a pesar de durar dúas horas. Ademáis tiven a fortuna de que Xurxo dedicarame o libro "Pó de Estrelas" que lera hace dous anos. Pareceume unha persoa moi cercana e simpática, e espero ter a sorte de asistir a outra das súas charlas.
    D.T.M. 1BHB

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida foi un clube moi ameno. Unha charla, que no meu caso, pasou moi rápida e non se fixo pesada. De feito, alargouse máis o tempo do que estaba previsto, e a pesar de ter un exame ao día seguinte, preferín escoitala ata ao final.
    Dos coñecementos que nos transmitiu, moitos xa os sabía das clases de bioloxía impartidas nos cursos de 3º e 4º da ESO e mesmo este ano en 1º de Bacharelato. Pero tamén sorprendeume con algúns novos como os relacionados coa actividade neuronal durante o sono. Era un pregunta que tiña dende facía tempo e agora xa sei a resposta. É por isto que considero que este clube foi moi interesante e novedoso, e para nada unha perda de tempo.

    ResponderEliminar
  3. Nerea Pardo Cundíns04:41 do 11 de xuño de 2012

    Pareceume unha charla moi interesante e a pesar de que falaba de algo moi complicado, a nosa mente, explicabao de tal xeito que resultaba comprensible para todos. Gustoume moito a súa forma cercana de falarnos e contaxiabanos a súa deboción polo tema a falar.Tamén conseguiu soprenderme con algunhas curiosidades como por exemplo o tema dos sonos e a visión das abellas á hora de ver a flores xa que as ven distintas a nós.

    ResponderEliminar
  4. Creo que este tipo de actos e actividades, que aúnan ciencia e humanidades ou lectura, son de especial interese e necesidade na sociedade, tentando alcanzar un futuro cunha cultura máis completa e non enfocada a unha soa faceta, agora que tivemos perdido a concepción renacentista do saber como mero feito de cultivo en favor dunha máis pragmática.
    Tamén creo que é un gran privilexio que un gran profesional e persoa coma Xurxo visite noso centro, tendo en conta que non somos un centro de referencia que poda chamar a atención de grandes figuras da nosa ciencia.

    ResponderEliminar
  5. Na miña opinión foi una charla bastante interesante onde ademais de aprender cousas novas, recordaba cousas dadas xa na materia de bioloxía.
    Xurxo fixo desta algo entretido ademais que o explicaba xenial. Eu personalmente estoy interesada en que haxa máis charlar científicas, xa que me gustaría dedicarme a algo relacionado con isto.
    Grazas a él puiden saber máis cousas das que xa había escoitado antes.

    ResponderEliminar
  6. A charla gustóume bastante xa que puden aprender varias cousas e ademáis foi moi entretenida. Tamén penso que está ben que veña alguen para contarnos un pouco da cencia e todo o que esta relacionado con ela xa que é un campo moi grande.

    ResponderEliminar