Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2012-13. Amosar todas as publicacións

7 de abr. de 2015

Clube de lectura con Pedro Feijoo






Engadir título
O pasado 18 de marzo veu ó noso instituto Pedro Feijoo para participar no noso club de lectura e estívonos contando sobre a experiencia de escribir a súa primeira novela, Os fillos do mar, que xa leva sete edicións. Alí descubrimos que deixou a música rock por culpa dunha hernia discal. Pedro é un home que, segundo el di, está a pasar pola crise dos 40, é lambón e creceu rodeado de libros. Unha das curiosidades que contou foi que a portada da edición de Xerais foi de improviso e encántalle ao autor e que se basea en historias verídicas e nas  súas propias ademais de que todos os lugares dos que escribe son reais e estivo neles. Foi moi amábel e contounos moitas cousas interesantes respondendo a todas as nosas dúbidas.É una excelente persoa ademais de bo escritor e oxalá poidamos volver a contar con el e que teña un grande éxito no seu próximo libro.

Andrés, Adrián, Marina, Carla, Aarón e Julia (de 1º de BAC)

23 de maio de 2014

A saga do profesor Basilius Hoffman

O próximo luns celebraremos o derradeiro club de lectura deste curso co grupo dos Alcabaleiros que o compoñen alumnos e alumnas de 2º curso de ESO. A novela que comentamos nesta ocasión é o Mundo secreto de Basilius Hoffman, O ladrón de soños, o primeiro libro desta saga. Ademais queremos anunciar que este club vai ser moi especial, porque contaremos coa participación do autor do texto Fernando M. Cimadevila. Emocionante, nonsi?

A continuación a opinión que nos deixan algunhas das nosa intrépidas lectoras:

Por Alba Rodríguez Romero
        "O libro gustoume moito, porque Peter e o seu tío Basilius viven máxicas aventuras moi divertidas e arriscadas. Tamén me gustou moito que falara de antigas profecías e lendas e de interesantes criaturas fantásticas. En canto ós personaxes, o que máis me simpatizou foi Basilius, porque me parece un home aventureiro, valente e moi intelixente, e moi bo co seu sobriño. Tamén sentín lástima por Peter, porque non ten uns pais que pasen con el o tempo necesario e non  lle poden aportar o seu cariño."

Por Lola Torrente Cabanas
       "Gústame do libro que teña referencias á mitoloxía como a historia de Bastet, o deus do sol. Ra ordenoulle que tomase a forma dunha leoa para lles facer pagar a rebeldía dos homes, por iso xurdiu Sejmet "A Terríbel" que invocou aos Sejmetis que arrasaron campos e calcinaron cidades. Tamén aparecen profecías como a que lle obrigan a cumprir a Peter, de que no sexto sol chegaría un barco de luz sobre o vento, que traerá un príncipe que será o Rei da Nova Era, e unha princesa que será sacrificada para calmar a ira de Sejmet.
 Dos personaxes o que máis me gustou foi Rivka, porque a pesar do mal que o pasou de nena saíu adiante buscando o seu fogar verdadeiro. Ao final decátase dos seus erros e rectifica. O que menos me gustou foi o Mestre porque fai dano sen piedade de ninguén, pero ao final recibe o seu mereceio cando Bastet o convirte en gato".

6 de maio de 2013

Breve historia da Coruña por Félix Longueira


A Cova Céltica do Wirtz



 
"Este libro introdúcenos a historia da nosa cidade, dos nosos devanceiros, de como se vivía noutros tempos, que acontecementos eran cotiás na vida de épocas pasadas...
Din que coñecer o pasado tamén é importante para predicir o futuro e sobre todo para non repetir as partes menos gloriosas"
(Patricia Lado Fernández)
 
"A breve historia da Coruña é un libro moi interesante porque a través da súa lectura descobres moitos datos sobre a nosa cidade que non coñeciamos. Móstranos momentos da historia de A Coruña que nunca nos imaxinariamos e revélanos datos moi importantes sobre o pasado. Fala tamén da evolución da lingua galega e fai que nos decatemos do importante que é seguilo falando e trasmitindo ás xeracións novas para que non desapareza"
(Cristián Suárez Mesías)
 
 
 
 
Félix Longueira Fafíán (A Coruña, 1980). Licenciado en Historia da Arte pola USC e na actualidade é profesor de Xeografía e Historia no IES Moncho Valcarce d´As Pontes. Ademais desta obra ten publicado Fuxidos na fraga. Notas sobre catro escapados de Soaserra, un estudo sbre un caso de represión franquista na comarca do Eume, publicado polo Museo Etnográfico da Capela.

29 de abr. de 2013

Heidi Kühn e os lectores

                       A autora foi moi divertida e agarimosa con todos nós. Falounos da súa cidade natal, Baviera, situada en Alemaña. Recomendamos a todos os lectores os libros desta marabillosa escritora, entre os que destacaremos a obra teatral TRES MULLERES DO SEU TEMPO;  a novela longa POMERANIA, MEU AMOR e o seu relato xuvenil FIDELIÑO, O CARTEIRO.
Ademais de todas as súas vindeiras obras quie serán presentadas proximamente
Adriana Carballo Rey (2º ESO)
 




25 de abr. de 2013

Heidi Kühn-Bode na Cova Céltica do Wirtz

       
 
 
 
 
 
  Heidi Kühn-Bode participou no noso club de lectura do martes, 23 de abril. Esta foi outra das actividades que organizamos para celebrar o Día do Libro.   A escritora comentou a súa obra Tres mulleres do seu tempo cos  lectores e lectoras de 2º da ESO. O faladoiro resultou moi ameno e Heidi tivo que responder a un sinfin de preguntas que este animado público lle foi propoñendo durante case ¡DÚAS HORAS!! Todo un record de participación!!
  Grazas, Heidi, pola túa presenza, simpatía, polo teu calor e xenerosidade!
 

14 de feb. de 2013

Natalia Carou na Cova Céltica do Wirtz

Hoxe pola tarde reunímonos con Natalia Carou Figueira na biblioteca para comentar a súa novela O alento nas costas. Un grupo de alumnas e alumnos de 1º de bach compartiron con ela durante pouco máis dunha hora, impresións, opinións, emocións... A verdade que a reunión estivo rodeada de misterio, con lendas e crenzas propias da zona de Rianxo e que a escritoria foi repasando no club, como as relacionadas coa aldea maldita de Abuín, e as presenzas estrañas que algunhas persoas perciben cando visitan  dita aldea. A autora ilustrou a súa intervención cunha presentación de fotografías dos lugares referenciados na obra. O alumnado estivo tamén moi activo, con preguntas e opinións moi acertadas. No remate Natalia asinou exemplares e regalounos cun secreto que non podemos desvelar...
 
 
Dedicatoria de Natalia Carou para todos nós
 

12 de feb. de 2013

A Cova Céltica do Wirtz








Club de lectura:


O alento nas costas de Natalia Carou Figueira


Día:
Xoves 14 de Febreiro 
Natalia Carou
Lugar:
Biblioteca do IES Fernando Wirtz


Con participación da autora.