06/05/2013

Breve historia da Coruña por Félix Longueira


A Cova Céltica do Wirtz



 
"Este libro introdúcenos a historia da nosa cidade, dos nosos devanceiros, de como se vivía noutros tempos, que acontecementos eran cotiás na vida de épocas pasadas...
Din que coñecer o pasado tamén é importante para predicir o futuro e sobre todo para non repetir as partes menos gloriosas"
(Patricia Lado Fernández)
 
"A breve historia da Coruña é un libro moi interesante porque a través da súa lectura descobres moitos datos sobre a nosa cidade que non coñeciamos. Móstranos momentos da historia de A Coruña que nunca nos imaxinariamos e revélanos datos moi importantes sobre o pasado. Fala tamén da evolución da lingua galega e fai que nos decatemos do importante que é seguilo falando e trasmitindo ás xeracións novas para que non desapareza"
(Cristián Suárez Mesías)
 
 
 
 
Félix Longueira Fafíán (A Coruña, 1980). Licenciado en Historia da Arte pola USC e na actualidade é profesor de Xeografía e Historia no IES Moncho Valcarce d´As Pontes. Ademais desta obra ten publicado Fuxidos na fraga. Notas sobre catro escapados de Soaserra, un estudo sbre un caso de represión franquista na comarca do Eume, publicado polo Museo Etnográfico da Capela.

1 comentario:

  1. Moitas grazas polo convite e polas agarimosas palabras que lle adicastes ao libro. Foi un pracer compartir convosco a calorosa tarde do 24 de abril.

    ResponderEliminar