25/06/2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Con este tríptico de lecturas para o verán despedímonos ata setembro.
Felices vacas a todas e todos!!

 

08/06/2018

o AMOR NON se HERDA.

O amor non se herda.

{Aquí haberá un batiburrí de ideas e, polo tanto, diferentes opinións. Só pido respecto pola miña}.

Eu penso que o amor non se herda, non vai nos xenes. Non é obrigatorio amar á túa familia. Esta é por suposto a miña visión, e agora vou explicala.

Dende ben pequenos incúlcanos que a familia é o primeiro. Sempre. Pase o que pase, eles estarán aí, apoiarante, axudarante, etc.
Pero que pasa se a túa familia non te apoia? Que pasa se a túa familia non respecta as túas decisións? É algo que temos que calar e "querer" a esa persoa só por ser da nosa familia?
Se vivimos cunha persona que nos maltrata, física ou psicolóxicamente, o que todo o mundo nos vain dicir que fagamos, e o que nós acabaremos facendo, é deixala. Pero claro, se esta mesma situación se víve cun familiar e cortamos a relación, está mal visto.
Non o entendo, segue sendo unha persona que che fai dano, é unha relación tóxica.
A familia é aquela que se escolle, e se temos a sorte de que a que é de sangue apórtanos, quérenos e apóianos, perfecto, pero senón déixao ir. Non ten sentido forzar algo que non funciona nin nos fai ningún ben.

30/05/2018

Que non son un obxecto.

Que preciso sentir.

Preciso bater as ás e notar que o vento remove os meus cabelos.
Necesito que se me corte a respiración de golpe, ou notar esa sensación de afogamento, de que non tes aire.

Preciso un pellizco de realidade, que me destrocen a pel e me fagan sentir.
Preciso que te acerques dunha maldita vez (así, sen rodeos), me apertes e ordenes o meu caos envolto en locura.

E tras iso, por favor, non te vaias de puntillas e sen facer ruido para bañarme outra vez en bágoas.

Quédate, aperta o meu caos.
Quere o meu caos.
Ordena o meu caos.
Pero non te vaias, porque iso é fuxir. E un problema non se soluciona fuxindo.

Alba Lorenzo.


26/05/2018

Empeza novos proxectos, non teñas medo a encontrarte cun «non» por resposta.

Tírao todo pola borda cando non te sentas identificadx co que estás facendo. Non te conformes cun só logro, vai por máis.

Que ninguén te diga que é o que tes que facer e que é o que non.

Ti es o único que te coñece á perfección, e es o único co dereito a prohibirte facer algo.

Non o esquezas, es quen manda na túa vida, e non teñen autoridade sobre ti para cambiala.


15/05/2018

Vida e fondos mariños - As islas Cíes

A costa galega posee un dos máis ricos ecosistemas submarinos na zona que rodea o arquipélago de Cíes, onde destaca o importante bosque de algas pardas..

A circulación das augas e a mezcla de  auga doce e salgada favorecen a concentración de microorganismos que representan fonte de alimento para todas as especies mariñas. Así, nos distintos entornos arredor das islas encontramos diversidade de crustáceos, peixes, moluscos, etc.

Na zona dos acantilados abundan percebes e mexillóns.
Nas zonas rocosas, erizos de mar e anémonas.
Nas praias máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como lenguados, rodaballos, etc.
Ademáis, estaba augas son visitadas con frecuencia por golfiños, baleas, focas, etc.
No fondo mariño hai restos arqueolóxicos e está prohibida a pesca subariña e de recreo.

09/05/2018

TI NO MEDIO DE TANTO RUIDO.

Non es, quizáis,
a persoa correcta no momento exacto.

Non es, seguramente, importante para moitos.
O máis seguro é que para poucos si o sexas.

Non es ninguén nun mundo de millóns de habitantes.
Non es os cabelos nos poemas de Góngora ou Garcilaso.

Pero, sabes? Non paga a pena ter moita xente a túa beira se ós pocos que te queren non os coidas.

Non fan falta castelos maravillosos en lugares paradisíacos se non sabes valorar una pizza do Bocalino.

Non tes que estar pensando todo o tempo en que habería pasado se te houbese apertado, tela a ela.

Ela apóiate, axúdate, aconséllate. Tamén mete a pata, é un desastre. Tamén arrasa con todo ó seu camiñar, e non falo de pratos ou xarróns, que tamén.

Sabe que dicir e que facer. Sabe como dicilo e como facelo.

Sabe mirarte de maneira especial pero que ti non o notes, sabe guiarte polo camiño da amargura cando te conta os seus problemas e ti non sabes que dicirlle para consolala.

Ten ese algo que a fai única.







30/04/2018

ESTÁ NAS NOSAS MANS.

   É culpa nosa e só nosa que o planeta esté morrendo.
   Nós facemos isto.


   Somos nós e non outros os culpables de que millóns de peixes morran intoxicados cada ano.



   O mar ten toneladas e toneladas de plástico. 



   Estamos "modificando" especies. O noso caos e irresponsabilidade están facendo que outras especies teñan menos esperanza de vida e, por suposto, peor calidade da mesma. 




   É simple: NON CONSUMAS PLÁSTICO.
   Evita a compra de fruta envolta en plástico, cómpraa a granel; emprega bolsas de tela para ir ó súper; aposta por productos ecolóxicos; recicla: hai moitas cousas nn casa ás cales seguro que podes darlle una segunda vida, etc.
   Non penses xa nas xeracións futuras, que tamén, senón en nós, nos que ahora vivimos na terra. No 2050 haberá máis plástico ca peixes no mar.
   É cuestión de educar con conciencia.

22/04/2018

De Profundis - Miguelanxo Prado


Miguelanxo Prado é o autor do filme De Profundis, unha experiencia visual única que fusiona pinturas ao óleo dotadas de movemento coa música do compositor Nani García. 
Tras a súa aparición nas pantallas, apareceu en formato libro.


Argumento: A historia xira en torno a Fabiano, un pintor que decide viaxar cunhos pescadores para aproveitar a debuxar na cuberta do barco. Un día, o barco afundíu e todos os seus viaxantes afogaron. Fabiano, aunque tamén afogado, desperta como si non houbera pasado nada. Aquí iníciase a viaxe polas profundidades de Fabiano, onde todo o que ve é o que él xa debuxara anteriormente. A interpretación disto é que desperta no seu propio paraíso. 

O libro está disponible na biblioteca do instituto.





19/04/2018

TALLER DORES TEMBRÁS.

   O pasado mércores asistimos ó obradoiro de Dores Tembrás, unha poeta contemporánea galega. Ela é editora ademáis de escritora e o seu primeiro poemario publicouse no ano 2009 (O pouso do fume).

   O obradoiro dividíuse en tres partes:

→ A primeira, onde reunimos ideas de que era a poesía e que tiña que ter un texto para ser considerado poesía.

→ A segunda, na cal fixemos o mesmo co graffiti e, ademáis, amosounos varios deles (na súa maioría pertencentes ó movemento "Acción poética") para dicirlle que significaban ou por que empregaban unha construcción ou unha palabra en concreto.
   Esta parte do taller foi, na miña opinión, a máis técnica e, quizáis (e falo en xeral, non en particular) a que máis nos costou levar. E non porque ela non soubese atraparnos, senón porque non estamos acostumados a ler entre liñas.

→ A derradeira e máis intensa consistiu en escribir unha palabra que fose importante para nós, que siginificase algo. E non tiña que ser unha gran palabra como amor, felicidade, etc. Senón unha simple (cinturón, café, viaxar, etc.), unha que ó escoitala nos evocase un recordo. A partir desa palabra tiñamos que escribir por que para nós era especial e defendela.

   A actividade parecéume, como pouco, interesante desde ó principio. Si é certo que tiña en mente unha cousa máis técnica, pero aínda así sorprendéume para ben o resultado.
   Ademáis, a terceira parte fixo que nos coñezamos máis entre nós e empatizásemos co outro

   Son actividades diferentes, que che aportan cultura, coñecemento e obras que antes non coñecías.




12/04/2018

Tres cogomelos perigosos en Galicia


Amanita phalloides: É o cogomelo que máis intoxicacións provoca, e as consecuencias da súa inxestión poden chegar a ser mortáis. Para os aficionados é relativamente fácil confundila cunha comestible rusula.
Os expertos apuntan que hai algúns cogomelos desta subespecie ''que se poden confundir con champiñóns''.










Amanita muscaria: A intoxicación por inxesta deste cogomelo tamén pode ser mortal. É probablemente o cogomelo máis fácil de identificar, xa que é a típica imaxe que se utiliza nas ilustracións dos contos ou dos debuxos animados; de feito é idéntica ás casas dos Pitufos.
Medra en bosques de frondosas e coníferas.










Lepiota brunneoincarnata: Outro dos cogomelos que pode poñer en perigo a vida de quen o come. 
Medra en sendas e bordes de camiños, aunque é poco frecuente.
Marisa Castro explica que tamén son tóxicas e moi perigosas as ''especies pequenas de lepiota'', que non alcanzan máis de catro ou cinco centímetros.











Fonte: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/galicia-crecen-diez-variedades-setas-pueden-ser-mortales/idEdicion-2006-10-20/idNoticia-95405/

10/04/2018

O FÍO VERMELLO.

O fío VERMELLO.

Os xaponeses teñen a crenza de que toda persoa ten un fío vermello atado no dedo máis pequeno da man, que conecta có dedo da persoa a que estamos predestinados. Este fío pódese tensar e enredar, pero nunca romper.
Esta lenda xorde cando se decobre que a arteria ulnar conecta o dedo pequeno máis ó corazón. 
Eu penso que non estamos predestinados ou predestinadas como tal a unha persona (no sentido figurado) senón que na nosa vida coñecemos a moitísima xente, e podemos ter química con varias. Non por coñecer a alguén co que conectamos significa que sexa a única persona coa que nos vaia a pasar iso.
Paréceme unha lenda curiosa pero que fai que nos cerremos a moitas persoas soamente por non ser "a nosa media laranxa".

→ A historia que soe contarse ós nenos e nenas é a seguinte:
Un emperador enterouse de que nunha das provincias do seu reino vivía unha meiga que tiña a capacidade de ver o final do fío vermello. O rei mandouna chamar e pedíulle que o guiase ata que se ramatara o fío. Cando chegaron o emperador non o cría: era un mercadillo e a meiga lavárano diante dunha muller que estaba vendendo cunha nena no regazo. O emperador, frustrado por crer á meiga, empurra á muller coa nena en brazos e esta dase un golpe. Anos despois, cando o rei quere buscar esposa, recoméndalle a filla cun xeneral moi coñecido. Esta moza resulta ser aquela nena que llevara un golpe na frente e quedáralle unha cicatriz.

E ti, cre-la lenda?


19/03/2018

      A arte de trobar de Santiago Lopo.
           Polos alumnos de 1° Bach «B»
   
   O que máis me gustou deste libro é o trato que fan das personaxes femininas. Trata desde moi preto a diferencia entre homes e mulleres e personaxes como Elvira son fortes, líderes e loitadores. É unha pena que teña final aberto, gustaríame continuar a historia máis alá das miñas fantasías, das do autor.
Marina A. L.
__________________________________________
   O libro é unha moi boa representación da época na que está ambientado. Ademais de adoitar un estilo narrativo ficticio, intercala os datos máis relevantes acerca do auxe da nosa literatura (os trobadores e as súas obras). Contén unha intriga que te engancha dende un principio. Moi bo.
Antía A. A.
__________________________________________
•Ten un final inesperado porque morre un dos personaxes principáis e iso causoume sorpresa.
•Gustoume a aparición dunha parte da historia de Galicia, tendo así un fin didáctico.
•Mostra compañías de teatro da época, o que é moi interesante, e crea un profundo contexto medieval.
Sofía C. P.
__________________________________________
  
__________________________________________
   Do libro A arte de trobar o aspecto que me parece máis salientábel é o papel da muller. Noutro tipo de novelas a muller desempeña papéis secundarios dentro da trama e é representada coma un ser débil que non se pode coidar por sí mismo, xa que necesita a supervisión dun home. Nesta novela o papel protagonista está personalizado na figura dunha muller. A protagonista deste libro é forte, loitadora e decidida, un exemplo disto sería o final, xa que podendo marchar acompañada doutros trobadores decide seguir ela o seu propio camiño.
Iria María F. S.
__________________________________________
   O libro pareceume moi interesante e as personaxes desenrolan un papel incrible. O libro gustoume debido a súa importancia e pareceume moi interesante de ler, recoméndoo a todo tipo de persoas.
Rodrigo García Blanco. 
__________________________________________
  Encantoume que a trama se desenvólva nun contexto (século XIII) aparentemente alleo á realidade histórica na que vivimos (século XXI), conta cunha gran axilidade narrativa que non estorba nada para que os personaxes podan ser descritos  completamente ó longo da historia e que o lector teña unha perfecta idea deles.
Gustoume tamén pola intriga que o autor consegue transmitir, como por exemplo na persecución de Elvira por parte de Guy de Lille, e na que se entrelazan distintos fíos narrativos  que deixa ó descuberto todas as cuestións descritas e moitas máis que teñen que ver co terreo emocional, máxico, etc...
Andrea G. C.
__________________________________________
   Gustoume por dúas razóns en concreto: a primeira pola aparición das mulleres, onde destaca Elvira, que é coma a líder da banda. Aínda que temos tamén a Martine, Delfina, María, etc.
Neste libro podemos atopar á muller no papel principal, e iso é novedoso e fantástico.
A outra razón, que non por iso menos importante, é o toque didáctico que ten o libro ó falar dunha parte da historia de Galicia.
Alba L. N..
__________________________________________
   Unha das cousas que fan tan especial á novela é a facilidade coa que o autor expresa esta historia medieval en distintas perspectivas, sen resultar pesado dada a brevidade dos capítulos e a axilidade que toma a trama.
Outra gran virtude desta obra é a importancia que teñen as mulleres, as verdadeiras protagonistas. Non só son personaxes ficticios, senón que tamén inclúe a imaxes femininas daquela época, entre famosos nomes masculinos dos que oímos falar nas aulas en canto a literatura galega medieval se refire.
María M.
__________________________________________
   No libro A arte de trobar, Lopo fai unha moi boa descrición da sociedade da época, describe a discriminación que se lle facía as mulleres no século XIII.
A diferencia doutros libros, neste as mulleres teñen un papel fundamental na  obra. Por exemplo, Elvira fai de líder do grupo das mulleres, e ten gran importancia no libro.
Gustoume porque ademais de darlle importancia ó papel feminino, trata unha parte da nosa cultura, como é o Camiño de Santiago.
Diego M. G.
__________________________________________
   A obra gustoume, xa que, polo menos na miña clase, nunca tiven a oportunidade de ler literatura medieval en galego.
Está documentada de maneira moi rigorosa e a obra constitúe un estupendo retrato da nosa historia nesa época.
Fidel M. M.