Crónica da visita cultural á Real Academia Galega
Este non era un venres como os demais.
Nin sequera tivemos que entrar en clase. Achegábanse as nove da mañá e
esperábamos aos nosos compañeiros que si que entraran había case media hora.
Saimos ás nove cara a Fernández Latorre, onde paramos a ver a antiga fabrica de
tabacos dende a distancia ( e tomamos a primeira foto de grupo con esa
construción de fondo). Xa pasadas as nove e media, chegamos a rúa Real, onde
camiñamos ate o número 36, onde puidemos observar a placa que recorda que
naquel lugar fundouse no ano 1927 a editorial Nós. Tras unha volta chegamos ate
o número 43 da rúa Franxa, onde outra placa lémbranos que alí fundouse a
primeira das Irmandades da Fala o 18 de maio de 1916. Pasadas ás dez, chegamos
ao número 11 da rúa Tabernas e principal motivo da nosa saída: a sede da Real
Academia Galega e a casa museo de Emilia Pardo Bazán.
A Real Academia Galega ,inaugurada
o 30 de Setembro de 1906, tivo a súa sede na Rúa Rego de Auga ata o 1920. Nese
ano, por falta de espazo, trasladouse ao edificio do concello e alí estivo
durante 58 anos. Despois no ano 1978, cambiou a súa sede, que pasou a ser este
edificio que visitamos hoxe, onde ademais comparte edificio coa casa museo de
Emilia Pardo Bazán. A sede tamén conta cunha sala de consulta na que existen
biblioteca, hemeroteca e un Arquivo.
Alí amosáronnos a biblioteca, onde
podes consultar entre numerosos libros escritos en galego, usar o seu wifi e o
ordenador para facer consultas, etc.
Abaixo, no salón de actos, vimos o
lugar onde se reúnen os membros da RAG, que está decorado con retratos de todos
os presidentes históricos da RAG, Manuel Murguía, Andrés Martínez, Domingo García-Sabell, etc. dos que nos falou o noso guía Manuel.
Despois por último pasamos a ver a
casa museo de Emilia Pardo Bazán, onde a parte de ver a alta calidade de vida
que puido levar por como é a súa casa, vimos cousas moi relacionadas coa súa
obra a vez que o noso guía nos ía contando cousas sobre esta gran escritora
galega. Aproximadamente ás 11 e media abandonamos a casa para dirixirnos a
praza de Azcárraga, onde tivemos un rato libre para descansar.
Logo da pausa, fomos visitar algúns
lugares da cidade vella, tales como a igrexa de Santiago e Santa María do
Campo, o xardín de San Carlos, o Arquivo do Reino de Galicia e a fundación Luís
Seoane. Alí paramos outro anaco, xa que desgraciadamente o clima non acompañou
e deu en chover, e como iamos ben de tempo decidimos agardar baixo unha cornixa
a que parase un pouco. Cando amainou, voltamos pola avenida da marina para
chegar ao noso último destino: os xardíns de Méndez Núñez. Alí puidemos observar
certos monumentos, como o de Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Manuel
Murguía, etc. xusto antes de voltar ao IES a iso das 2 do mediodía. Estaba claro que non fora un venres típico, oxalá fosen todos así...
Alejandro Barreiro e Ismael Bello
Ningún comentario:
Publicar un comentario