19 de mar. de 2017

Recensión de A Memoria da Choiva

Resultado de imagen de a memoria da choivaAutor: Pedro Feijoo.
Título: A memoria da choiva.
Lugar de Edición: Vigo.
Editorial: Edición Xerais de Galicia.
Ano:2013.
Número de Páxinas: 469.
Prezo: 22,00 €.


    Nas primeiras páxinas pódese atopar unha dedicatoria do autor a certa persoa chamada Marta. Xusto despois desta dedicatoria aparecen tres fragmentos de obras doutros autores. O primeiro é un poema de Rosalía de Castro, incluído en Follas Novas, e que fala do tormento que está a sufrir no seu interior. O segundo é un fragmento de Botella ao mar, de Suso de Toro. Neste, o autor di que a xente relixiosa emprega a humilación como medio para obter a paz interior. O derradeiro texto é de Jeff Tweedy, da súa obra Jesus, e nel o autor expresa a sensación de tristura e opresión que sente. As tres transmiten amargura e sufrimento.

    Aquiles Vega, que é o protagonista da historia, é un xornalista caído en desgraza por un erro cometido. El investiga xunto a Sofía Deneb, unha coñecida profesora de univesidade, uns misteriosos asasinatos que parecen xirar ao redor da figura de Rosalía de Castro. As súas pescudas levaranos a percorrer diversos lugares de Galicia e a protagonizar situacións perigosas. A intuición de Aquiles levaraos ata Padrón, A Coruña, Vigo e Arteixo para investigar os acontecementos que rodearon a vida da familia de Rosalía. Ao mesmo tempo que pasan todas esas aventuras, Aquiles e Sofía van saíndo da soidade e illamento persoal no que estaban inmersos cada un deles.

     A novela está centrada na figura de Rosalía de Castro, a famosa poetisa galega que foi o eixe fundamental do Rexurdimento. A trama da obra vai relatando feitos da súa vida persoal e presentando fragmentos de Follas novas mesturados co desenvolvemento da historia. Isto permite aos lectores achegarse a Rosalía de Castro ao mesmo tempo que gozan dun relato de misterio e intriga.

     A historia engancha ao lector dende o primeiro momento e provoca que non se queira deixar de ler, xa que dende as primeiras páxinas do libro o autor sembra a dúbida sobre a verdadeira identidade do asasino e lévanos a sospeitar dun personaxe a outro. Pedro Feijoo dosifica a información que conducirá ao asasino e mantén a intriga ata o derradeiro capítulo.


Imagen relacionada
Fundación Rosalía de Castro.
 (xabean.blogspot.com)

Resultado de imagen de real academia galega edificio
Real Academia Galega.
(Pinterest)

Torres de Catoira
(Faros de Galicia - blogger)

Casa de Manuel Murguía en A Coruña.
(La Opinión A Coruña)
Gala Muguía de Castro.
(El País)
Resultado de imagen de rosalía de castro
Rosalía de Castro.
(Wikipedia)

Ningún comentario:

Publicar un comentario