O obradoiro dividíuse en tres partes:
→ A primeira, onde reunimos ideas de que era a poesía e que tiña que ter un texto para ser considerado poesía.
→ A segunda, na cal fixemos o mesmo co graffiti e, ademáis, amosounos varios deles (na súa maioría pertencentes ó movemento "Acción poética") para dicirlle que significaban ou por que empregaban unha construcción ou unha palabra en concreto.
Esta parte do taller foi, na miña opinión, a máis técnica e, quizáis (e falo en xeral, non en particular) a que máis nos costou levar. E non porque ela non soubese atraparnos, senón porque non estamos acostumados a ler entre liñas.
→ A derradeira e máis intensa consistiu en escribir unha palabra que fose importante para nós, que siginificase algo. E non tiña que ser unha gran palabra como amor, felicidade, etc. Senón unha simple (cinturón, café, viaxar, etc.), unha que ó escoitala nos evocase un recordo. A partir desa palabra tiñamos que escribir por que para nós era especial e defendela.
A actividade parecéume, como pouco, interesante desde ó principio. Si é certo que tiña en mente unha cousa máis técnica, pero aínda así sorprendéume para ben o resultado.
Ademáis, a terceira parte fixo que nos coñezamos máis entre nós e empatizásemos co outro
Son actividades diferentes, que che aportan cultura, coñecemento e obras que antes non coñecías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario