16 de mar. de 2018

Merlí

O seguinte diálogo entre un pai e o seu fillo é dunha serie catalana, Merlí é o seu título, ademáis do nome do protagonista (o pai).

Está moi recomendada. É unha personaxe disruptora; perturba a orde procedimental e mediocre do instituto público no que traballa no seu cargo de mestre de filosofía. Tamén comete erros e se arrisca por ser paixoal. En definitiva é moi humano.
Atoparedes personaxes encantadores da nosa idade, xa que a clase do protagonista é un primeiro de Bacharelato (16-18 anos). Veredes os seus problemas, revelados con moita naturalidade e sen ser arquetípicos, e o que son todos os riscos que axexan a un adolescente cando se achega a un mesmo.
Hay referencias cunha aplicación psicolóxica directa a través da filosofía, collido con pinzas polo carácter de Merlí, co cal non sempre estaremos dacordo ou non terá razón (volvemos a que é moi humano).

Agora si, o diálogo:

-Recoñece que es raro, complicado.

-‎Si, si, si... Son complicado. Pero máis o é o mundo no que vives, fillo. Todo está feito unha merda, pero non quero que caigas na desidia e mais no pesimismo. Quero que te impliques nas cousas, que sexas crítico có que che rodea. Sei que é un pau pensar nestas cousas, pero non creo que os adolescentes só pensedes no sexo e en estar bébedos. Tamén tedes medos, non? Queredes experimentar cousas novas pero estades acollonados. Sodes coma actores amateurs antes de saír o escenario por primeira vez.
Ai, non sei, mira, pode que che namores algún día e non sexas correspondido. Así é a vida. Non sempre agradas a quien che agrada. Si, tes un pai complicado e o que ti queiras, pero son o mellor profesor que terás e, co tempo, verás que teño razón.

Paciencia, xa sei que son difícil, pero terás que tomalo con filosofía.

2 comentarios: